Arquivo para a categoría 'Aínda non sei'

Seguinte páxina »

Grandes distancias

29 Marzo 2008

Na miña empresa usamos o Lotus Notes. Podémonos conectar a través da web, o cal quere dicir que é posíbel recibir e enviar mails de traballo comodamente desde a casa un sábado ás 10 da noite. Ainda non temos acceso á rede da oficina desde calquer sitio. Pero acabará por ocurrir, e xa me vexo […]

Haute Athéisme

8 Decembro 2007

Cando era neno, desde o momento en que lembro, nunca tiven moita idea de que era iso de “Deus”. Será que os meus pais non me machacaron coa idea desde o berces, probablemente por deixadez, pero agradezo que non lles deran falaces argumentos aos que postulan que tal concepto é “innato” e natural ao ser […]

Un certo aire

7 Decembro 2007

Xusto antes de cear disfrutei dun capítulo da mítica serie “Buck Rogers no século XXV“. O certo é que sempre a levaba impresa no meu maxín pero non voltara a vela desde cando eu tiña 10 ou 11 anos.
Aquelas tardes de domingo, sabendo que o día seguinte tocaba voltar á escola, no medio dos meus […]

Somos carne de roxón

8 Setembro 2007

Ista é unha “criación” que lle dictei a Zajar recén esperto e sen erguerme da cama no Nadal do ano pasado, para ser cansinamente exactos, o día 20. Que a sufrades con saúde…
Xa foron,
da caste dos afoutos loitadores
na impostura da batalla
de sangue ceibe e quente,
xuntos, atravesados por mando;
xuntos, cun intre de morno atino.
Non volveron,
ninguén soubo
canto […]

Oda a unha urna galega

8 Xuño 2007

Se Anxo Quintana me apertase contra o seu corazón, suprimiríame a sua existencia mais forte? Disque todo Anxo é terríbel, pero non sei se neste caso será para tanto.
E non é que admiremos á carracha, por muito que serenamente desdeñe gobernarnos. Nen ao Papa Clemente, que ardorosamente desexa facelo, afogándonos en bicos e apertas.
Mentres os […]

Unha noite na Mariña

12 Abril 2007

[…] unha noite non é nada. Unha semaniña enteira, esa si que é mariñada.
Unha paella maxistralmente executada polo meu tío, bon pan, churrasco.
Uns baños no mar Cantábrico, nin Caribe nin Mediterráneo, en mar aberto, nin ría nin cala nin ostias en vinagre. Auga fría de xustiza pero que deixa a un coma novo.
Un pouco […]

A SS vai no F.E.M.E. (e 2)

10 Abril 2007

En Ferrol parei menos de 3 horiñas, pero deume tempo a tomar un té cuns amigos, ver o paso dunha procesión de Venres Santo da famosa Semana Santa ferrolá e mesmo mercar un billete de FEVE con destiño á Mariña luguesa.

Xa ía avisado polos meus amigos da lentitude, o excesivo traqueteo (ninguna ‘cosa normal ni […]

A SS vai no F.E.M.E.

9 Abril 2007

Estou lendo o libro “El ferrocarril en Galicia”, que merquei hai pouco a través dunha libraría galega que vende contra-reembolso. O libro, como o seu autor afirma, non pretende ser un tratado técnico e pormenorizado pero si un acta do estado actual do transporte ferroviario en Galicia (centrado no transporte de viaxeiros), unha recapitulación de […]

Seguinte páxina »