Arquivo para a categoría 'Intro Versións'
Voar así é morrer de amor
3 Maio 2008Hei de confesar que nunca na miña vida visitara o Grande Teatro, e seica o edificio non tiña de seu ningunha particularidade realmente destacable, mais iso non impediu que fose realmente desabafante que se escangallara o único espazo específico para as artes escénicas que había na cidade das murallas, aínda que o uso do […]
No news, strange news
25 Xaneiro 2008Outro lamentable día deses nos que te das conta de que, naturalmente, estás a queimar a túa vida como se dunha variña de incenso se tratase.
Nos que me pregunto: ¿Para que traballar?, se a capa de xeo está máis delgada ca nunca.
A carón da miña casa, xusto nos portais adxacentes hai dous bares, pero dous […]
Pei Lam ou a esfera do extraordinario
31 Decembro 2007Desde que voltei a ir ao ximnasio e a practicar Tai Chi, coñecín ou alomenos observei a unha manchea de xente ben curiosa, probablemente a maioría non son nin raros nin están fóra do común, pero si merecen unha observación detida, aínda que o ánimo sexa puramente de ocio.
Unha desas persoas é o Pei Lam. […]
Haute Athéisme
8 Decembro 2007Cando era neno, desde o momento en que lembro, nunca tiven moita idea de que era iso de “Deus”. Será que os meus pais non me machacaron coa idea desde o berces, probablemente por deixadez, pero agradezo que non lles deran falaces argumentos aos que postulan que tal concepto é “innato” e natural ao ser […]
Un certo aire
7 Decembro 2007Xusto antes de cear disfrutei dun capítulo da mítica serie “Buck Rogers no século XXV“. O certo é que sempre a levaba impresa no meu maxín pero non voltara a vela desde cando eu tiña 10 ou 11 anos.
Aquelas tardes de domingo, sabendo que o día seguinte tocaba voltar á escola, no medio dos meus […]
Mirando pra onte ao solpor
5 Novembro 2007Estou nun deses momentos da vida de calquera ser con memoria onde as cousas parecen lembrar o pasado supostamente superado case a cotío. Xente que parecía ter tragado a terra aparece de súpeto na situación máis insospeitada, contas correntes que pensabas canceladas había anos que reclaman as súas comisións de mantemento, vellas mini-doenzas que agroman […]
Somos carne de roxón
8 Setembro 2007Ista é unha “criación” que lle dictei a Zajar recén esperto e sen erguerme da cama no Nadal do ano pasado, para ser cansinamente exactos, o día 20. Que a sufrades con saúde…
Xa foron,
da caste dos afoutos loitadores
na impostura da batalla
de sangue ceibe e quente,
xuntos, atravesados por mando;
xuntos, cun intre de morno atino.
Non volveron,
ninguén soubo
canto […]
Working class Pyros
1 Setembro 2007Non se pode dicir que o meu anecdotario de entrevistas en procura de emprego sexa amplo, mais algún detalle curioso si que vivín.
Algúns relacionados coa miña propia falla de pericia e a maioría cubertos de curta-vision e falla de profesionalidade por parte dos patróns candidatos ou os que, por delegación, tiñan os primeiros contactos cos […]