Arquivo para a categoría 'Porno N’Contrariar'

Voar así é morrer de amor

3 Maio 2008

Hei de confesar que nunca na miña vida visitara o Grande Teatro, e seica o edificio non tiña de seu ningunha particularidade realmente destacable, mais iso non impediu que fose realmente desabafante que se escangallara o único espazo específico para as artes escénicas que había na cidade das murallas, aínda que o uso do […]

No news, strange news

25 Xaneiro 2008

Outro lamentable día deses nos que te das conta de que, naturalmente, estás a queimar a túa vida como se dunha variña de incenso se tratase.
Nos que me pregunto: ¿Para que traballar?, se a capa de xeo está máis delgada ca nunca.
A carón da miña casa, xusto nos portais adxacentes hai dous bares, pero dous […]

Mirando pra onte ao solpor

5 Novembro 2007

Estou nun deses momentos da vida de calquera ser con memoria onde as cousas parecen lembrar o pasado supostamente superado case a cotío. Xente que parecía ter tragado a terra aparece de súpeto na situación máis insospeitada, contas correntes que pensabas canceladas había anos que reclaman as súas comisións de mantemento, vellas mini-doenzas que agroman […]

Trompadas de alegría

20 Xullo 2007

   Hoxe pola tarde, despois dun día de traballo tedioso e sobrecargado de funcións estranas ao meu posto, no canto da siesta coa que me agasallo algúns venres, deume por mirar as novas na rede.
   A primeira na fronte. Lleo que o último número da revista “El Jueves” foi secuestrado hoxe por mandato xudicial. Hai […]

GSM must die

20 Abril 2007

A última raiola de sol coábase polo medio das contras, de madeira envellecida artificialmente, entreabertas. Eu, espido na cama, só, enchoupado en suor, escoitaba o constante berro das ocas ao lonxe. Unha chamada de móbil dábame tregua e oportunidade de quedar a soas coa raiola, o silenzo de oca doente e unha noitiña de turismo […]

A SS vai no F.E.M.E.

9 Abril 2007

Estou lendo o libro “El ferrocarril en Galicia”, que merquei hai pouco a través dunha libraría galega que vende contra-reembolso. O libro, como o seu autor afirma, non pretende ser un tratado técnico e pormenorizado pero si un acta do estado actual do transporte ferroviario en Galicia (centrado no transporte de viaxeiros), unha recapitulación de […]