Arquivo para a categoría 'Personaxes'
Pei Lam ou a esfera do extraordinario
31 Decembro 2007Desde que voltei a ir ao ximnasio e a practicar Tai Chi, coñecín ou alomenos observei a unha manchea de xente ben curiosa, probablemente a maioría non son nin raros nin están fóra do común, pero si merecen unha observación detida, aínda que o ánimo sexa puramente de ocio.
Unha desas persoas é o Pei Lam. […]
Neve na Florida
15 Decembro 2007Palmeiras, flamencos, un mozo facendo windsurf, una rapaza en bikini pola rúa, un xogador de jai-alai, o hipódromo, uns Rolls Royce, primeira liña de praia, un guacamaio, carreiras de cans, un edificio singular, dúas loiras en bikini saíndo dun hotel e unha carreira de lanchas offshore, intercalando varias tomas do mar desde un helicóptero […]
Porque eu
4 Xullo 2007[…] teño unha banda de rock and roll. Ou iso parece.
Resulta que teño un amigo que se atopaba inmerso no proceso de creación dun grupo musical, con máis entusiasmo que acerto. El sabe tocar o saxo e un pouco a trompeta e xuntouse cun coñecido con parecido forzado a Frank Zappa (que deviría en líder […]
Son de Purrela
23 Maio 2007Un amigo da terra faloume dun programa da TVG, “Son de Estrelas” i eu achegueime polo sitio web da CRTVG e comprobei que tiñan á disposición de tódolos navegantes as gravacións dos programas emitidos.
Revisei uns cantos minutiños de varias emisións, e descubrín con ledicia que a miña capacidade de asombrarme e morrer coa vergoña non […]
J’Accuse!
25 Xaneiro 2007Disque se non se descubre pronto que un neno é superdotado e non se lle estimula axeitadamente, calquera vantaxe intelectual que este puidera ter na súa vida, esvaécese durante o crecemento ata quedar en nada e mesmo pode supoñerlle unha carga negativa no seu progreso escolar e social.
Eu penso que na miña máis precoz infancia […]
Fenil… Alanina, Cojones ya!
19 Xaneiro 2007Lembro que hai xa uns anos, estaba eu cuns amigos nun lugar no contorno da miña Oblomovka particular. En agosto era en agosto cando xa en Oblomovka non fai calor (e menos pola noite), pero despois dunha boa cea a base de churrasco, pementiños de Padrón e empanada, dunhas boas doses de kvass chairego, vodka […]
Aninovo no tobo
5 Xaneiro 2007Eu, Iliá Ilich, nacín de familia rica, e aínda que pra nada necesito que este blogue reciba miles de visitantes diarios que me enchan as artesas de ouro, si que me relaxa e aleda, ver nas corredoiras da miña O-Blog-movka unha morea de dilixentes mujiks bulindo, traballando, respirando e vivindo. Como vexo un pouco morto […]
Be caldo my friend
14 Novembro 2006Aínda lembro cando tiña doce anos e lacazaneaba polos corredores da librería do Corte Inglés da Coruña mentres os meus tíos mercaban nas prantas superiores. O andar que máis me fascinaba era o adicado a deportes, máis concretamente no lateral adicado ás artes marciais, o cal estaba razoablemente poboado para estar falando do ano 89. […]