Arquivo para a categoría 'Grandes series'

Seguinte páxina »

Voar así é morrer de amor

3 Maio 2008

Hei de confesar que nunca na miña vida visitara o Grande Teatro, e seica o edificio non tiña de seu ningunha particularidade realmente destacable, mais iso non impediu que fose realmente desabafante que se escangallara o único espazo específico para as artes escénicas que había na cidade das murallas, aínda que o uso do […]

Completando a realidade

17 Marzo 2008

Xa hai tempo, falei por aquí do grande momento de Fernando Arrabal na tele. Agora, seguindo a Grande Serie de transcripcións necesarias, tentarei deixar por escrito constancia do circo que montaron os Fernando’s. Cousa que resulta moi complexa e para a que solicito colaboración dos abondosos lectores que visitan a miña dacha.
En primeiro lugar habería […]

ComBito Sinato

13 Marzo 2008

Hoxe síntome un home novo. Fun ao ximnasio despois de tres meses sen pisalo.
É por iso que vou a comezar unha nova Grande Serie.
A serie das transcricións. Resulta que anda pola rede moito material sonoro e audiovisual, pero se non for polas famosas “tags” ou mesmo comentarios ent exto que se lle engaden, non seriamos […]

No news, strange news

25 Xaneiro 2008

Outro lamentable día deses nos que te das conta de que, naturalmente, estás a queimar a túa vida como se dunha variña de incenso se tratase.
Nos que me pregunto: ¿Para que traballar?, se a capa de xeo está máis delgada ca nunca.
A carón da miña casa, xusto nos portais adxacentes hai dous bares, pero dous […]

Pei Lam ou a esfera do extraordinario

31 Decembro 2007

Desde que voltei a ir ao ximnasio e a practicar Tai Chi, coñecín ou alomenos observei a unha manchea de xente ben curiosa, probablemente a maioría non son nin raros nin están fóra do común, pero si merecen unha observación detida, aínda que o ánimo sexa puramente de ocio.
Unha desas persoas é o Pei Lam. […]

Neve na Florida

15 Decembro 2007

Palmeiras, flamencos, un mozo facendo windsurf, una rapaza en bikini pola rúa, un xogador de jai-alai, o hipódromo, uns Rolls Royce, primeira liña de praia, un guacamaio, carreiras de cans, un edificio singular, dúas loiras en bikini saíndo dun hotel e unha carreira de lanchas offshore, intercalando varias tomas do mar desde un helicóptero […]

Un certo aire

7 Decembro 2007

Xusto antes de cear disfrutei dun capítulo da mítica serie “Buck Rogers no século XXV“. O certo é que sempre a levaba impresa no meu maxín pero non voltara a vela desde cando eu tiña 10 ou 11 anos.
Aquelas tardes de domingo, sabendo que o día seguinte tocaba voltar á escola, no medio dos meus […]

Mirando pra onte ao solpor

5 Novembro 2007

Estou nun deses momentos da vida de calquera ser con memoria onde as cousas parecen lembrar o pasado supostamente superado case a cotío. Xente que parecía ter tragado a terra aparece de súpeto na situación máis insospeitada, contas correntes que pensabas canceladas había anos que reclaman as súas comisións de mantemento, vellas mini-doenzas que agroman […]

Seguinte páxina »