White wedding, black list
Hai uns días, Elsa encaprichouse con esta camiseta de Busted Tees:
Diredes vós: “Bon dato!” Psche, eu penso que iso non da información algunha xa que a opinión que parece expresar o debuxo desa camiseta é algo que nunha muller pode cambiar dun día para o outro…
Pois ben, a partir dese favor que lle fixen á balanza comercial empecei a pensar na complexidade na elaboración dunha lista de invitados a unha voda. Aparte das dificultades de coordinación e acordo co outro membro da parella, xa me parece complicado de abondo elaborar as listas cada cal pola súa conta.
Desde o meu descoñecemento dunha tarefa que non executei nunca, e como unha das miñas “teorías toooontas”, vou a detallar un algoritmo que penso que será o que usa a xente aínda que non o formalizara ninguén ata o momento:
Precondicións: Existe unha parella de persoas que queren casar e elaborar unha lista única de invitados. Chamarémoslles Contraínte1 e Contraínte2.
1.-Para cada contraínte X
1.1.–Elaborar unha lista (L1.x) cos invitados obrigatorios socialmente (familiares propios, compañeiros de traballo, etc.)
1.2.-Elaborar outra lista (L2.x) cos amigos/coñecidos que realmente se desexe acudan ao evento.
1.3.-Se a lista LP.x=(L1.x U L2.x) (teñamos en conta que unha lista neste contexto podemos dicir que é un conxunto sobre o que hai definida una relación de orde) contén demasiados poucos elementos para o criterio do contrainte x, elaborarase a lista L3.x, con aqueles coñecidos/amigos que non entraron na L2.x polo grado de proximidade ou pola intensidade do vínculo/contacto.
1.4.-Construir a LT.X=(LP.x U L3.x)
2.-Facer a unión das listas de tódolos contraintes LA=(LT.1 U LT.2 U LT.x U …)
3.-Posta en común de tódolos contraíntes sobre a lista de invitados a eliminar da LA. Este é o punto máis peliagudo. Debería observarse o principio de que os elementos das listas L1.x deberían estar todos na lista final. Chamáremoslle a esta lista, lista de eliminados, LE.
4.-Obter a lista final LF=(LA - LE)
Parece sinxelo pero non o debe ser, pois polo que me dixo unha amiga que está a piques de casar, a elaboración da lista estivo a piques de impedir a celebración mesma da voda…
O que resultaría divertido é ver en que lista L1.x, L2.x ou L3.x estamos en cada unha das vodas ás que nos invitan. Seguro que habería máis dunha sorpresa. Pola miña parte este ano xa fun a dúas, nas que estou case seguro que estaba na lista L3.x, a lista de recheo…
P.P. Gracias a Billy Idol polo comezo do título.
P.P.P. Outro día tocará falar dos agasallos das vodas…
comentarios
Un comentario to “White wedding, black list”
Deixa un comentario



Que conste que tentei que mercase unha das camisetas da tenda de Iliá!!!