Dexter, o simpático
Acaba o dia. Antes de entrar docilmente nesa noite escura, ten un que desfrutar das faragullas de lecer que a vida lle deixa. Son os minutos do lixo, pero son os que quedan. Sento diante do televisor e zapeo. Acaso teño eu o dereito a sustraerme a este ritual? Son peaxes ineludíbeis. Son divertidas, ademais. Indo de canal en canal, ás veces atopa un algo de interés. Na medida do posíbel, claro.
A serie que me “interesa” agora é Dexter. É pasaxeiro, quizá, pois non hai como coñecer as cousas para coñecer tamén o desencanto. Así que, entrementres, vou seguindo as aventuras dese asasino tan simpático. Ignoro por que é preciso, para nos mover á simpatía, presentarnos un personaxe incapaz de sentila. Rexeitaremos xa calquer sentimento por cursi? Muito me estrañaría que por fin tivésemos desenvolvido intolerancia á sentimentalidade por intoxicación masiva.
A única cousa que me amola un pouco a diversión é que penso que xa sei quen é o asasino misterioso.
comentarios
Un comentario to “Dexter, o simpático”
Deixa un comentario


Adeus á miña teoria. Queda o acróstico como testemuña do meu fracaso.
Non me disgustou o final, pero preferia o meu.