Saturday, 05 de July do 2008

E pur si chove.

Voar así é morrer de amor

Hei de confesar que nunca na miña vida visitara o Grande Teatro, e seica o edificio non tiña de seu ningunha particularidade realmente destacable, mais iso non impediu que fose realmente desabafante que se escangallara o único espazo específico para as artes escénicas que había na cidade das murallas, aínda que o uso do terreo así ceibe fose tan xustificado como a construcción de vivendas de luxo e baixos comerciais.

Por medio dun benquerido amigo decátome de que en Lisboa están a desmontar o Aviâo. Polo que vemos na nova, a causa da súa demolición é ben distinta (aparentemente) da do caso do Grande Teatro, mais, por experiencia vital, resúltame aínda moito máis triste a desaparición desta aeronave adaptada para viaxes de auténtico pracer.

Que hei decir eu do Aviâo? Só fun unha vez, pero é deses sitios nos que hai que ir unha vez. Si, mínimo unha e máximo unha. De certo é un deses marabillosos establecementos.
Foi na despedida de solteiro dun amigo, cun moi bo tino celebrada lonxe do seu lugar de residencia e nunha capital onde os que non estabamos na Galiza podiamos chegar con certa facilidade (desde BCN, Madrid, Londres, etc.) e os que estaban na Galiza chegaban cun pouco máis de dificultade.
Foramos a cear marisco ás un pobo ao que se chegaba cruzando a ponte de Vasco da Gama e a iso das 3 e media da mañá, voltando por unha das múltiples circunvalacións de Lisboa, a chamada Segunda Circular, nun coche de aluguer, un do grupo, que vivira uns cantos anos na cidade, preguntounos se xa queriamos marchar cara a casa e aos pub’s do centro ou queriamos ir a un sitio máis interesante. Nós, co bandullo ben servido, sen dubidalo apuntamos cara a novidade.
Era esta un establecemento xa chegando á cidade, cunha entrada non moi sinxela para alguén non afeito. Cando estás chegando xa te das conta que non é un sitio con forma de avión, é de certo un Convair 880 (de feito é dos últimos que quedan no mundo, só tedes que ler a páxina da Wikipedia que o cita) aparcado entre dúas autopistas da entrada de Lisboa.
Pouca luz por fóra. Unha escada, lévate á porta traseira, onde te recibe un home de americana e avanzada idade (uns 60 e moitos anos).
Dache unha especie de bono de cartón onde che anotarán todo tipo de consumicións. De ahí pasas á cabina de pasaxeiros, onde non queda nin rastro dos asentos dun avión comercial, no canto diso hai unha ringleira de amplos sofás para unhas 5 persoas a cada lado, pegados as xanelas xusto no centro do aviâo interrómpese a secuencia de lecer para deixar un espazo á acción, unha barra de aceiro inoxidable, anclada ao teito e ao chan indícabanos que as grandes cousas haberiamos de telas por alí…
Onde estaría a división da clase business, había unha nova estancia, separada por unha cortiniña escura, unha estancia para o persoal e outras cousas, tamén persoais.
Sentamos no sofá, pedimos unhas copas (a 7 euros!) e relaxados, nun ambiente sen moito fume nin moia luz, comezamos a ver pasar a beleza por diante de nós.
As rapazas, para chegar ao seu punto de amarre, a barra do centro, tiñan que pasar a escasos centímetros, xa que saían da cortiniña escura…
Aproveitarei para facer un inciso, hai dúas cousas que me provocan unha baixada automática e temporalmente irreversible da líbido, estas son, a vulgaridade e a sordidez. Hei recoñecer que cando nos achegábamos ao establecemento, estaba certo que ámbalas dúas condicións se ían dar. Cando entramos, caín na conta de que non parecía tan vulgar o asunto, i en canto o primeiro espectáculo comezou comprobei que tampouco estabamos nos baixos fondos do Londres de Sherlock Holmes.
As rapazas, todas entre uns 20 e máimo 30 ou 30 e poucos. Unhas facianas preciosas, variedade na complexión, desde delgadas a tronchudas sen chegar a estar recheas, pel perfecta bronceada, semi-bronceada e mesmo clariña dunha rubia. Curiosamente non había ninguna mulata ou negra.
OS nomes artísticos do máis tradicional, Luciana, Soidade, Roseme, Laura… Os espectáculos de cada unha, breves, sensuais e profesionais.
Un baile privado no aviâo consistía en que ías á cabina dos pilotos coa rapaza escollida e alí se facía o servizo (moi cerca desta peza), a diferencia doutros lugares onde o baile non é tan privado se non que a rapaza se achega ao afortunado, no mesmo recinto onde está toda a xente e alí faille, a escasos milímetros, o hipnotizante ritual.

E nisto, sen saber ben porque ou porque non, alá fun eu cara a cabina da tripulación da man da Luciana, unha preciosa brasileira dus 21 anos, de complexión semi-delgada pel semi-bronceada, mol e lene como poucas e de case innecesaria depilación. Cun excelente humor e ganas de conversar con ese doce acento brasileiro, fixo que chegara a borde do colapso con incrible facilidade. Se algunha vez na miña vida botei fume polas orellas foi nese momento. E non vos digo nada cando se sentou no meu colo para seguir conversando nun ámbito de maior proximidade táctil. Máis detalles non darei pero ao sair de alí, o estado de shock tapaba, sobradamente (como diría o amigo Pérez Varela), o estado de absoluta excitación. De feito tampouco fun quen de dar explicacións aos meus compañeiros de visita no resto da noite.
Cando eles decidiron, pagamos as consumicións e saimos da aeronave, neste caso en dirección ao piso onde estabamos, nunha decisión na que eu tampouco tiven parte.
Menos mal que non houben de conducir eu, xa que a imaxe que cubría a miña vista por completo, ata o día seguinte, tanto esperto como durmido, era a Luciana diante de min, espida, presenteándome un beijinho no nariz e inquerindo: E de onde é que vc é?

comentarios

3 Comentarios to “Voar así é morrer de amor”

  1. Catuxa on 24 Maio 2008

    Paréceme indignante que, despois da longa loita que muitas mulleres temos levado a cabo para ceibarnos da opresión criminal machista (si, digo criminal porque non hai outra maneira de chamala) teñamos que aturar comentarios coma este.
    É incrible que cando todos os estudios científicos demostran que as mulleres somos emocional, intelectual e físicamente superiores ós homes haxa xente que defenda a explotación sexual de miles de mulleres no mundo.
    Pensao a próxima vez que vaias a unha corrida de touros ou que poñas unha cazadora feita coa pel dun animal morto.

  2. Iliá Ilich on 31 Maio 2008

    Alá se foron os tempos en que neste blog comentaba Arturo Robsy (si, si, o grande e auténtico) e os dias en que nestas páxinas se fixo o mellor post do ano, mercé a un tal Antitheosis.
    Pero todos son benvidos a postear neste soño, Catuxa, cada un na medida das suas posibilidades. Non te desanimes; como di a profesora de plástica: “un mal comienso nunca es definitivo”

  3. Antitheosis on 1 Xuño 2008

    Seran superiores, si, pero con rangos.

    Algo me di, por exemplo, que a tal Luciana vai ser fisicamente superior á tal Catuxa (na intelectualidade, sobran as explicacións).

Deixa un comentario




*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image