Voar así é morrer de amor

3 Maio 2008

Hei de confesar que nunca na miña vida visitara o Grande Teatro, e seica o edificio non tiña de seu ningunha particularidade realmente destacable, mais iso non impediu que fose realmente desabafante que se escangallara o único espazo específico para as artes escénicas que había na cidade das murallas, aínda que o uso do terreo así ceibe fose tan xustificado como a construcción de vivendas de luxo e baixos comerciais.

Por medio dun benquerido amigo decátome de que en Lisboa están a desmontar o Aviâo. Polo que vemos na nova, a causa da súa demolición é ben distinta (aparentemente) da do caso do Grande Teatro, mais, por experiencia vital, resúltame aínda moito máis triste a desaparición desta aeronave adaptada para viaxes de auténtico pracer.

Que hei decir eu do Aviâo? Só fun unha vez, pero é deses sitios nos que hai que ir unha vez. Si, mínimo unha e máximo unha. De certo é un deses marabillosos establecementos.
Foi na despedida de solteiro dun amigo, cun moi bo tino celebrada lonxe do seu lugar de residencia e nunha capital onde os que non estabamos na Galiza podiamos chegar con certa facilidade (desde BCN, Madrid, Londres, etc.) e os que estaban na Galiza chegaban cun pouco máis de dificultade.
Foramos a cear marisco ás un pobo ao que se chegaba cruzando a ponte de Vasco da Gama e a iso das 3 e media da mañá, voltando por unha das múltiples circunvalacións de Lisboa, a chamada Segunda Circular, nun coche de aluguer, un do grupo, que vivira uns cantos anos na cidade, preguntounos se xa queriamos marchar cara a casa e aos pub’s do centro ou queriamos ir a un sitio máis interesante. Nós, co bandullo ben servido, sen dubidalo apuntamos cara a novidade.
Era esta un establecemento xa chegando á cidade, cunha entrada non moi sinxela para alguén non afeito. Cando estás chegando xa te das conta que non é un sitio con forma de avión, é de certo un Convair 880 (de feito é dos últimos que quedan no mundo, só tedes que ler a páxina da Wikipedia que o cita) aparcado entre dúas autopistas da entrada de Lisboa.
Pouca luz por fóra. Unha escada, lévate á porta traseira, onde te recibe un home de americana e avanzada idade (uns 60 e moitos anos).
Dache unha especie de bono de cartón onde che anotarán todo tipo de consumicións. De ahí pasas á cabina de pasaxeiros, onde non queda nin rastro dos asentos dun avión comercial, no canto diso hai unha ringleira de amplos sofás para unhas 5 persoas a cada lado, pegados as xanelas xusto no centro do aviâo interrómpese a secuencia de lecer para deixar un espazo á acción, unha barra de aceiro inoxidable, anclada ao teito e ao chan indícabanos que as grandes cousas haberiamos de telas por alí…
Onde estaría a división da clase business, había unha nova estancia, separada por unha cortiniña escura, unha estancia para o persoal e outras cousas, tamén persoais.
Sentamos no sofá, pedimos unhas copas (a 7 euros!) e relaxados, nun ambiente sen moito fume nin moia luz, comezamos a ver pasar a beleza por diante de nós.
As rapazas, para chegar ao seu punto de amarre, a barra do centro, tiñan que pasar a escasos centímetros, xa que saían da cortiniña escura…
Aproveitarei para facer un inciso, hai dúas cousas que me provocan unha baixada automática e temporalmente irreversible da líbido, estas son, a vulgaridade e a sordidez. Hei recoñecer que cando nos achegábamos ao establecemento, estaba certo que ámbalas dúas condicións se ían dar. Cando entramos, caín na conta de que non parecía tan vulgar o asunto, i en canto o primeiro espectáculo comezou comprobei que tampouco estabamos nos baixos fondos do Londres de Sherlock Holmes.
As rapazas, todas entre uns 20 e máimo 30 ou 30 e poucos. Unhas facianas preciosas, variedade na complexión, desde delgadas a tronchudas sen chegar a estar recheas, pel perfecta bronceada, semi-bronceada e mesmo clariña dunha rubia. Curiosamente non había ninguna mulata ou negra.
OS nomes artísticos do máis tradicional, Luciana, Soidade, Roseme, Laura… Os espectáculos de cada unha, breves, sensuais e profesionais.
Un baile privado no aviâo consistía en que ías á cabina dos pilotos coa rapaza escollida e alí se facía o servizo (moi cerca desta peza), a diferencia doutros lugares onde o baile non é tan privado se non que a rapaza se achega ao afortunado, no mesmo recinto onde está toda a xente e alí faille, a escasos milímetros, o hipnotizante ritual.

E nisto, sen saber ben porque ou porque non, alá fun eu cara a cabina da tripulación da man da Luciana, unha preciosa brasileira dus 21 anos, de complexión semi-delgada pel semi-bronceada, mol e lene como poucas e de case innecesaria depilación. Cun excelente humor e ganas de conversar con ese doce acento brasileiro, fixo que chegara a borde do colapso con incrible facilidade. Se algunha vez na miña vida botei fume polas orellas foi nese momento. E non vos digo nada cando se sentou no meu colo para seguir conversando nun ámbito de maior proximidade táctil. Máis detalles non darei pero ao sair de alí, o estado de shock tapaba, sobradamente (como diría o amigo Pérez Varela), o estado de absoluta excitación. De feito tampouco fun quen de dar explicacións aos meus compañeiros de visita no resto da noite.
Cando eles decidiron, pagamos as consumicións e saimos da aeronave, neste caso en dirección ao piso onde estabamos, nunha decisión na que eu tampouco tiven parte.
Menos mal que non houben de conducir eu, xa que a imaxe que cubría a miña vista por completo, ata o día seguinte, tanto esperto como durmido, era a Luciana diante de min, espida, presenteándome un beijinho no nariz e inquerindo: E de onde é que vc é?

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image