ComBito Sinato
Hoxe síntome un home novo. Fun ao ximnasio despois de tres meses sen pisalo.
É por iso que vou a comezar unha nova Grande Serie.
A serie das transcricións. Resulta que anda pola rede moito material sonoro e audiovisual, pero se non for polas famosas “tags” ou mesmo comentarios ent exto que se lle engaden, non seriamos quen de atopalos. Iso pasa con auténticas xoias oblomovistas ou de culto, alomenos para min. Como me parece unha mágoa que ese material non poda ser catalogado mediante a tecnoloxía actual, decidín, na medida do posible (e verdes que en moitos casos é tarefa de titáns) transcribir algún material do que non atopei plasmación textual na rede, e polo tanto, posibilidade de buscalo cun pouco de precisión.
A proba de conceito fíxena cun MP3 que ten como protagonista ao Mestre. Ao Mestre Cañita Brava. O MP3 titúlase “El fuigitivo” e a transcripción aparte de ser Cañita en estado puro, foi do máis difícil que fixen nos últimos anos, pero creo que o resultado mereceu o esforzo.
En breve poñerei ao voso dispor o MP3.
A transcrición literal:
Lararará
Lararara raá rará
Quisieraaa logrará llegastal fin,
lo perderá hastanofindiamó.Libre!!!
Para escapá de teniente YaAraLibre!!!
Para atrapá hombre mango que oyó de su crime combito sinato posu esposa que no hei cometidoLibre!!!
paraistorinsólido pa dotor Richar Kimbo no es un fuGUitivo
Aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaah
Polo que me dixeron, esta actuación, alomenos a versión que teño eu, porque lembremos que Cañita improvisa e cada actuación é única, foi nun programa de TV que presentaba Concha Velasco. Aa parecer o “Aaaaaaaaaaaaaaaaaaaah” do final ía acompañado dunha carreira de Cañita polo plató.
O contido sonoro. El Fugitivo. Cañita Brava
comentarios
Un comentario to “ComBito Sinato”
Deixa un comentario


Teño un amigo que posúe unha casete oficial de Cañita Brava. Palabros maiores. Muitu disfguuchi.