Grandes distancias
Na miña empresa usamos o Lotus Notes. Podémonos conectar a través da web, o cal quere dicir que é posíbel recibir e enviar mails de traballo comodamente desde a casa un sábado ás 10 da noite. Ainda non temos acceso á rede da oficina desde calquer sitio. Pero acabará por ocurrir, e xa me vexo facendo informes as 24 horas do dia.
Desde que se inventou o telégrafo ata hoxe, seguimos unha traxectoria nítida cara a inmediatez temporal e espacial. Anceiamos un mundo onde a información estea en todos os lugares, o que equivale a dicir en ningún. Cada vez percorremos maiores distancias en menos tempo e cun prezo menor. Recibimos mensaxes en tempo real e podemos mover o capital (quen o teña) polo mundo adiante instantáneamente e con custo cercano a cero -poucas cousas hai mais desprestixiadas hoxe en día, mesmo nun senso moral, que un arancel. En resumo, o que hoxe é, ou nos parece, bon é a inmediatez, a supresión das distancias e das dilacións, a accesibilidade total: a ubicuidade.
Había un tempo en que esperábamos dous anos para que unha película que non puideramos ver no cinema saíse en vídeo. En que un xogo nun Amstrad CPC 464 tardaba 15 minutos en cargar. En que cruzar Galiza para ir de Oblómovka ás Rías Baixas levaba tanto tempo que había que parar a xantar polo camiño. E eu aínda lembro a impaciencia con que volvíamos do videoclube coa cinta de “Commando” baixo o brazo, a expectación de ver como as últimas liñas horizontais completaban a imaxe de presentación do “Street Fighter”, e as empanadas que devoraba cos meus curmaos nalgunha leira perdida da Galiza interior, á espera de retomar a viaxe para chegar á praia. Canto mais esforzo requiren as cousas máis vívidas son as emocions que nos reportan.
E a min paréceme un adianto que haxa, por exemplo, liñas aéreas low-cost que che permitan plantarte en Londres por catro pesos. Só digo que antes unha viaxe por Europa era a viaxe da tua vida e agora… é un fin de semana mais nunha cidade que non está mal. Desde que todo está á volta da esquina, Vladivostok non é o que era. Todo isto está mui ben, pero acho que perdimos algo polo camiño.
Desde hai algún tempo, só resisto a literatura de evasión. Últimamente estou lendo a triloxía da Fundación, de Isaac Asímov. Sucede dentro dunhas decenas de miles de anos, cando a humanidade está espallada pola Galaxia enteira e xa nen lembra as suas orixes. Para poder desplazarse polas vastísimas extensions do seu hábitat as naves deben facer saltos hiperespaciais cos que cubren distancias de milleiros de anos luz nun instante. Pero estes saltos son dificultosos, un pode aparecer a varios parsecs de distancia do punto requerido e a unica maneira de escapar a unha morte segura perdido no vacío é buscar tres estrelas coñecidas entre a inmensidade da Vía Láctea para poder determinar as coordenadas da nave. Hai que pasar semanas calculando o seguinte salto mentres se come noxenta comida en lata. As comunicacions interestelares son caras e inseguras. Hai mundos que quedan isolados do resto da civilización e retroceden á barbarie. Asi pois, nese mundo hipertecnificado as cousas son difíciles, hai que ser paciente e teimudo para obtelas, hai que ser audaz e destemido, hai que ser… un aventureiro.
Pero o noso mundo xa é pequeno de mais para sermos aventureiros. Matamos as esperas infindas e os percorridos interminábeis e con eles a aventura.
Hoxendía, mires onde mires, encontras unha inflación lírica. Na TV, series de repetitivas e pretendidamente profundas relacions persoais; nos blogs, introspeccións e autoanálises baratas. Sentimentos, lírica por todas partes. Nunca entenderei o título da canción. O que hoxe vivimos son malos tempos para a épica. Porque sen grandes distancias non hai épica.
Pero non vos desanimedes, todo isto só quere dicir que agora o único pobo capacitado para a aventura somos os galegos.
Completando a realidade
Xa hai tempo, falei por aquí do grande momento de Fernando Arrabal na tele. Agora, seguindo a Grande Serie de transcripcións necesarias, tentarei deixar por escrito constancia do circo que montaron os Fernando’s. Cousa que resulta moi complexa e para a que solicito colaboración dos abondosos lectores que visitan a miña dacha.
En primeiro lugar habería que identificar aos participantes na tertulia, os que están claros son Fernando Arrabal e Fernando Sanchez Dragó identificados na transcripción como FA e FSD respectivamente. Hai un tal Mario Sanz ou Saenz ou Sans, que habería que identificar con claridade e logo está o barbas nado en Orán e algún máis. Sería interesante identificar os representados como P1 e P2. Asemade, quen é o tal Campillo? Calquera colaboración neste aspecto será agradecida.
Por outra banda se alguén dentifica as partes inintelixibles, ben por unha conectividade superdotada na zona do córtex cerebral que procesa o son, ou ben porque mediante medios tecnolóxicos consigue amplificar e aclarar eses sons apalpuzados, pois tamén serían favores que se agradecerán. Marco en azul unhas verbas non recoñecidas do tipo da barba.
O meu non moi logrado intento de transcripción do video que se cita no post titulado “Fenil Alanina, Cojones ya” é o seguinte:
FA - El mileniarisme, hablamos de milenarismo, ¡cojones ya!
P2 - Pues vale, dame la palabra.
FA - Hablamos de mineralismo.
P2 - Muy bien, pues cállate, yo voy
FA - Estamos hablando del Apocalipsis y hablemos del milenarismo. El milenarismo va a llegarrrrrrrr.
P2 - Siempre va a llegar…
FA - ¡Va a llegar! ¡Déjame hablar! ¡Deja hablar…! miniioría sshsileciosa.P1 - Lo siento, me voy a oponer con toda mi fuerza a los guruismos,
P1 - Sí, sí, porque es que si se te deja vas a montar una secta y si
tenés exito como todos los heréticos que llegan de telemarketing la [.....]FA - Pero todos los españoles estan a favor de mi, querido amigo.
P1 - Si pero yo soy extranjero, yo soy español vocacional, al contrario de tu, yo lo decidí [........]!!!!
Varios, gargalladas falsísimas - JAJAJAJAJAJAJJAJAJAJAJAJ
FA - Pero yo soy de Marruecos
P1 - Yo nací en Orán, en África,
FSD - Cuidado con la mesa.
P1 - de padre húngaro y madre inglesa, y escogí de ser español… pero esta es otra historia.
FSD- André B[...] Vamos a pasar la pelota a MArio SansDéjale hablar
P1 - Quiero decir algo importante
P1 - Estamos a mitad de camino entre dos fechas brutales de una tradición inmensa, que marca Europa [...]
FSD - Fernando, Fernando te vas a cargar la mesa por favor y te vas a hacer daño
FSD - Fernando, si Campillo deja de sujetar la mesa te pegas una bofetada.
FSD - Mario Sans, corta micros
FA - Déjame hablar!
FSD - Por favor
P1 - No te dejaré, para darte razones no te dejaré hablar
FA - La minoría silenciosa, La minioría silenciosa no se deja hablar porque la minoría silenciosa es católica, fea y sentimental.
FA - Y sobre todo judía.
P2 - Callada, callada, callada.
FSD - Fernando, Fernando, permite que te diga amistosamente que hoy te estás repitiendo y no se te entiende nada,
FSD - Así que deja hablar a MArio Sanz
FSD - Pero no te sientes en la mesa, que la tiene que sujetar Campillo que si no se vence.
FSD - Mario, MArio, por favor.
FSD - Venga Fernando vete a tu sitio
P2 - [] una obra de teatro, no?
P1 - De Keter a Markut en los albores eufilepticos existe una leccion que tú conoces y que sería realmente fundamental ahora, para todos.
FSD - Mario, por favor, ibas a decir algo, no?
FA - Muak, muak
Agardo que vos preste!
ComBito Sinato
Hoxe síntome un home novo. Fun ao ximnasio despois de tres meses sen pisalo.
É por iso que vou a comezar unha nova Grande Serie.
A serie das transcricións. Resulta que anda pola rede moito material sonoro e audiovisual, pero se non for polas famosas “tags” ou mesmo comentarios ent exto que se lle engaden, non seriamos quen de atopalos. Iso pasa con auténticas xoias oblomovistas ou de culto, alomenos para min. Como me parece unha mágoa que ese material non poda ser catalogado mediante a tecnoloxía actual, decidín, na medida do posible (e verdes que en moitos casos é tarefa de titáns) transcribir algún material do que non atopei plasmación textual na rede, e polo tanto, posibilidade de buscalo cun pouco de precisión.
A proba de conceito fíxena cun MP3 que ten como protagonista ao Mestre. Ao Mestre Cañita Brava. O MP3 titúlase “El fuigitivo” e a transcripción aparte de ser Cañita en estado puro, foi do máis difícil que fixen nos últimos anos, pero creo que o resultado mereceu o esforzo.
En breve poñerei ao voso dispor o MP3.
A transcrición literal:
Lararará
Lararara raá rará
Quisieraaa logrará llegastal fin,
lo perderá hastanofindiamó.Libre!!!
Para escapá de teniente YaAraLibre!!!
Para atrapá hombre mango que oyó de su crime combito sinato posu esposa que no hei cometidoLibre!!!
paraistorinsólido pa dotor Richar Kimbo no es un fuGUitivo
Aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaah
Polo que me dixeron, esta actuación, alomenos a versión que teño eu, porque lembremos que Cañita improvisa e cada actuación é única, foi nun programa de TV que presentaba Concha Velasco. Aa parecer o “Aaaaaaaaaaaaaaaaaaaah” do final ía acompañado dunha carreira de Cañita polo plató.

