Somos carne de roxón
Ista é unha “criación” que lle dictei a Zajar recén esperto e sen erguerme da cama no Nadal do ano pasado, para ser cansinamente exactos, o día 20. Que a sufrades con saúde…
Xa foron,
da caste dos afoutos loitadores
na impostura da batalla
de sangue ceibe e quente,
xuntos, atravesados por mando;
xuntos, cun intre de morno atino.
Non volveron,
ninguén soubo
canto de zuna inserida
e canto de muda ignorancia.
O que querían contar os vivos,
ante só a cinsa,
a morte dixo.
O xantar de medianoite
a cea da alborada.
Unha androlla de miolos
e un caldo sen fabas.
A vida en desgaste
unha artesa con armas
non pasamos traballos
e morremos sen canas.
comentarios
3 Comentarios to “Somos carne de roxón”
Deixa un comentario


Na liña desa “criación” ocurriuseme o outro día cando andaba un pouco influído polo licor cafe, coller a melodía da famosa canción de “María Isabel” e poñerlle a letra: “Denantes mortos que escravos, ai, que escravos, ai, que escravos […]
O resto da letra queda como exercicio…
Benquerido amigo AntiTheosis,
brillante o teu comentario.
Vai cagar á aira.
A lingua galega é bela, máis cando se emprega con acerto e, como pasou comigo, un descubre interesantes palabras co diccionario na man e un soriso de satisfacción nos beizos…
(Confeso)