Trompadas de alegría
Hoxe pola tarde, despois dun día de traballo tedioso e sobrecargado de funcións estranas ao meu posto, no canto da siesta coa que me agasallo algúns venres, deume por mirar as novas na rede.
A primeira na fronte. Lleo que o último número da revista “El Jueves” foi secuestrado hoxe por mandato xudicial. Hai máis información en moitísimos sitios da rede, entre deles meneame e “La Tejedora“.
Despois de sorprenderme un pouco, xa que eu merquei ese número hai dous días (agardo non ter en cuestión de minutos aos G.E.O. botando abaixo a porta do meu piso para requisarme pola forza dito exemplar), pregunteime se realmente somos tan libres como cremos decote.
Porque mentres teñamos que proclamar, sendo fieis á realidade, “Co/coa xxxxxxxx batemos” mal imos.
A verdade é que a Igrexa xa pasa desas guerras, quen teña lido algunha historia de “Obispo Morales” de Ja, xa se dará conta que ten moitas máis papeletas para ser denunciada polos da sotana que a portada deste número 1.573.
Por suposto, estamos deixando aparte o formalismo que o xuiz obviou (e sendo xuiz non se deben obviar) como é que en ningún lugar na portada nin na revista se di que os debuxos corresponden a ningunha persoa en concreto. Supoño que o xeito de facer o asunto ben é contratar un perito que afirme que os debuxos “imitan moito” ós príncipes. Delirante peritaxe. Delirante e sen validez algunha.
Por outra banda o xuiz esixe ao director de “El Jueves” que identifique o autor ou autores do debuxo. Pero meu rei… teño a portada diante dos fuciños e o debuxo ven claramente ASINADO polo seu debuxante e polo seu guionista. Hai que graduar a vista.
Por último, como dicía o director e o debuxante en diversos medios a demostración de que a medida é anacrónica e de extrema excepcionalidade (non proporcional ó mal inflixido polo debuxo, que ahí está a clave xurídicamente, penso) é que o xuiz que ordenou o secuestro da publicación, mandou á policía ir á sede do medio a confiscar os “moldes” ou “planchas” da citada portada… RISAS. Pero home de deus, se hai anos que non existen tales “moldes”, ergo… non hai nada que confiscar. Este debeuse quedar nos tempos de “Primeira plana” de Billy Wilder (grande filme que por outra banda non habería que mesturar neste noxento asunto e inmenso director nado en Galicia (si, si, o que ledes)).
É tan marabillosa a Constitución que ten o estado español? ¿Garante as libertades e a igualdade? Para min a resposta é que aínda cumpríndoa e deseñando leis totalmente constitucionais, non se garanten as liberdades nin a igualdade ante a xustiza e poderes públicos de tódalas persoas. Si, amigos, aquí aínda hai castes. Con “intocables” e todo.
¿Que dirá Libertad Digital de todo isto?. A prol da liberdade?, a prol da Coroa?, a prol de “El Jueves”?, en contra de Conde Pumpido?, a prol do xuiz?, a prol da policía?, en contra dos debuxantes?, a prol dos quiosqueiros? Todas as anteriores a un tempo? Ninguna das anteriores?? Creo que coma sempre non o terán moi claro, agás no caso de intervención por parte dos seus amigos ou inimigos (como o fiscal xeral por exemplo), que será cando a súa liña editorial se faga cristalina e unidireccional.
Nestes momentos é cando máis gañas teño de sair á rúa e a cada persoa que atope darlle, nos fuciños, unha trompada de alegría. Pero coma todos, despois destes minutos de desacougo pensando que non vivimos do xeito que pensamos que vivimos, marcharei á cama e mañá erguereime cedo, collerei a toalla e sairei pola porta cantando o de: “Moito me gusta tumbarme na areia da praia sereia […]”
P.P.Hai uns minutos vin este encontro dixital co debuxante da portada, que me parece realmente xenial.
comentarios
3 Comentarios to “Trompadas de alegría”
Deixa un comentario


Por certo, hei de engadir que cando merquei este último número de “El Jueves” renovei a promesa tantas veces incumplrida de non voltar a adquirilo ata dentro de 3 ou 4 meses.
Vin a portada e como tantos lectores ou “olleadores” desta publicación díxenme a min mesmo: “Bah, a mesma merda de sempre de El Jueves”. De feito pouco máis valor lle din a esta portada que ás aburridas e carentes de gracia cagadas e memeces do “Profesor Cojonciano” e “Curro Corner”, por só citar dúas das tiras lamentables que acolle o semanario.
Estou seguro de que se non fora por esta actuación xudicial, a portada pasaría sen pena nin gloria e sen maior difusión mediática.
Pai, perdóallo, que non saben o que fan.
Ata os xefes de “El Mundo” critican a medida (Iñaki Gil, director adxunto de “El Mundo”)
Home, a min a portada pareceume forte e potente cando a vin no quiosco, e o chiste moi ben traído, pero acto seguido tampouco lle din mais importancia.
O encontro dixital co debuxante, Guillermo, a verdade é que deixou en min unha pobre impresión del.
Persoalmente non “denunciaría” nin perseguiría ós autores da portada, pero tampouco a idearía. Claro que eu non traballo nunha revista humorística nin na fiscalía do Estado… Se non, outro galo cantaría.
O que está claro é que a publicidade de todo isto para El Jueves foi enorme, máis beneficiosa que outra cousa, e por outra banda seguramente a merecen.