Son de Purrela
Un amigo da terra faloume dun programa da TVG, “Son de Estrelas” i eu achegueime polo sitio web da CRTVG e comprobei que tiñan á disposición de tódolos navegantes as gravacións dos programas emitidos.
Revisei uns cantos minutiños de varias emisións, e descubrín con ledicia que a miña capacidade de asombrarme e morrer coa vergoña non baixou nin un chisco. O programa en cuestión é unha “Parada dos monstruos” empezando pola súa presentadora, vestida con gran gusto polo curmán chosco do sombrereiro tolo de Lewis Carroll. Presentadora que non sabe falar en galego e que mellor faría adicándose as súas aparicións estatais mirando pra onte.
Despois temos de todo, o loira cachas, surfeiro e socorrista, a gorda con cara de carreteiro difícil de mirar, a do fuciño en S, o do tupé recén estreado, cambios de “look” todoacén, maquillaxes putiles, intros costumistas dos/as concursantes, comentarios penosos da presentadora, traduccións imposibles ao galego que provocan pura piedade dos guionistas e cantantes.
Ademais, os “cantantes” fano fatal, pero iso é o de menos, é a gracia deste tipo de enxendros televisivos. Se algún quería facerse artista, cando remate o programa serán conscientes de que calquera porta que tiveran entreaberta pechouse ó entrar nese festival do embromado estético e sonoro.
Como mostra, unha muller que integra o xurado comparou ó loiro surfeiro con Fernando Esteso vestido de branco agarrado a unha palmeira imitando a Julio Iglesias. Un símil moi propio.
Por se alguén non o advertira trátase dun concurso, no que os elementos concursantes representan cada un a unha comarca distinta de Galicia.
Unha imitación cutre dunha cutrada intelectual e estética, cando se trata de ir máis alá, non hai quen nos veña a plantar salgueiros.
comentarios
2 Comentarios to “Son de Purrela”
Deixa un comentario


Apreciado cuervoamigo soñador:
Eu era feliz sen coñecer “Son de estrelas”. Eu vivía contento pensando que Teté Delgado estaba encadeada á súa mesiña de “Mira como baila a neta de Franco”.
Pero estoulle agradecido. Un non pode pasar toda a vida encerrado nunha indolente burbulla rosa de algodón de azucre. Hai que asomar de cando en vez ós horrores atávicos lovecraftiáns para poder valorar as pequenas, marabillosas cousas cotiás que tamén existen ó noso redor…
Unha aperta.
Hoxe na última páxina de “LA Voz de Galicia”, unhas declaracións definitorias de Pili Pampín, para máis señas membro do xurado de “Son de Purrela”:
“Deep Purple satúrame as orellas.”
E punto.