Por unha presada de machacantes
En Terra das Sombras, C.S. Lewis pregúntalle a un seu colega algo así como: “non tens a sensación de estares malgastando a tua vida?”, o outro ergue a vista dos seus papeis e responde con tranquilidade: “naturalmente”.
Mesmo eu, meus queridos discípulos, por veces flaqueo na miña, nosa, fe oblomovita. Asáltanme pensamentos do estilo: “será unha perda de tempo pasar os seráns a apampar no xardín moulando unha empanada preparada por Agafia Matvéievna?”. É en momentos como este cando caio presa desa vertixen que nos leva a tomar conciencia da nosa feble posición no cosmos: un lene fulgor entre eons de escuridade. Que nos obriga a rebelarnos ante a nosa ínfima e efímera condición. Que nos impulsa a fazer algo perdurable, algo grande… a fazer algo, polo menos!
Como comprenderedes, estes son accesos que todo home sensato debe aprender a acougar e suprimir. Cadaquén ten as suas técnicas. Algúns traballan, outros seguen a liga de fútbol e a maioría, en fin, entrégase ao atordoamento do consumismo e a compra compulsiva. Eu, como sempre, estou coa maioria.
Asi que hoxe tirei o pó da levita, penteei as patillas, e fun a un dos multiples establecementos expendedores de tonto-felicidade que inzan a nosa metropolitiña. É un lugar mui feitiño onde uns mozos con chaleque verde e gafas de pasta nos venden a ilusión (que nós estamos ansiosos de mercar) de que a Cultura é un produto que se pode adquirir, por uns pouquiños de euros, en forma de libro ou DVD. De modo que, abríndome paso entre fieis leitores de “El País de las tentaciones” e salvando as turbamultas que se daban de golpes por adquirir discos de Laurent Garnier, fun enchendo a cesta coa miña ración de ocio disfrazado de cultureta.
O resultado da expedición foi o seguinte:
-Un DVD edición de coleccionista de “Sacrificio”, de Tarkovski (para porme á altura).
-Un DVD cun apaixoante caso da señorita Marple (para compensar).
-Os “Ensaios” de Montaigne (en tradución castelá, eu son así de iletrado).
-Un exemplar de “Contra la incontinencia urbana” de Bohigas (para cultivar algo a profesión e calar a mala conciencia).
Total, unha presada de machacantes. Enterrar un par de días os remorsos por malgastar unha vida, non tén prezo.
comentarios
5 Comentarios to “Por unha presada de machacantes”
Deixa un comentario


Ummm, ben, ben, pero vexo dous posibles desaxustes na norma oblomovista.
Primeiro, o feito de ir ó mercado ti mesmo, haberías de dicirlle a un Zajar calquera que colleses os escasos kopeks gardados debaixo do xarron do chinero que sobraron do mísero cacho de queixo que foi a mercar onte e fose el.
Segundo, se supoño que estas “obriñas” que adquiriches as vas a ler ou visionar, estarías facendo algo socialmente aceitado como “proveitoso” (nuns casos máis que outros), o cal interpreto como inaceitable para un oblomovista.
Agardo que se imporá o sentido común i esas adquisicións non pasarán de ser soportes estructurais de partículos de desfeito en suspensión aérea (técnicamente P.Ó.) en calquera estantería mesa ou mesmo no chan, o cal sería para o meu gusto incluso máis axeitado. Nunha leve relaxación da norma, poderías usar o DVD para calzar algún moble con problemas de estabilidade.
E por suposto, que non se repetirá o de ir persoalmente ó mercado…
La mezcla de esos cuatro nombres, respetado Iliá Ílich, me ha recordado un poco esos test en los que te proponen varias palabras, todas ellas con algo en común excepto una, cuya incongruencia se supone que tienes que percibir y señalar: Tarkovski, miss Marple, Montaigne, Oriol Bohigas. ¿Tal vez Shakespeare, Le Corbusier, Leopold Bloom, La Orquesta de los Barriguillas? No, demasiado exagerado: ¿Renoir, Mr. Henry Higgins, George “Beau” Brummell, Pepiño Blanco? No es eso, no es eso… ¿Sherlock Holmes, John Huston, Ernst Jünger, Xavier Rupert de Ventós? Creo que me voy acercando, pero después de este desusado esfuerzo intelectual, me siento agotado, así que lo voy a dejar por ahora. Recibe un afable y cordial saludo.
RuBert, RuBert de Ventós… que Rupert era un peluqueiro, home.
E tens razón: hai un que sobra na lista. Acabo de ver “Sacrificio” e nunca, nunca, nunca mais…
Outro test: Carlos Argentino Danieri, Calzasachos, David Mignot, John Milton.
RuPert, RuBert…: disculpa que inadvertidamente me haya trabucado al deletrear los nombres de esos dos grandes de la Modernidad, estimado Iliá Ílich; tal vez la evidente afinidad entre los dos ha contribuido a mi despiste: en ese ámbito sutil que a ambos engloba me siento como un intruso, y me inclino respetuosamente ante tu superior conocimiento…
Con respecto al segundo test que tan amistosamente me propones, Iliá Ílich, resulta que al haber hecho pública tu clave personal del primero, conviertes la resolución del segundo en un desafío tan fácil que suscita piedad. Esta es la solución: tres de ellos te apasionan y te sirven de ejemplo vital; el otro empezaste a leerlo y lo dejaste a los pocos segundos, lleno de indignación y hastío (e insondable tristeza por los tres rublos que te habías gastado en el libro) diciendo: “¡Nunca mais, nunca mais!”
Exacto.
Só que foron quince rublos, pois as obras completas de Calzasachos non teñen muita envergadura (quizá en mais dun sentido) e precisei cinco exemplares (catro para calzar a mesa coxa e outro para Zajar, que ultimamente vai un pouco solto).