Pechando o anel
Cando onte instalei no meu N73 un lector de ebooks e metín o libro para voltar a ler de “Jim Botón y Lucas el maquinista” de Michael Ende, sentín como que retornaba ó momento en que lin un dos primeiros libros da miña vida, en edición do “Círculo de Lectores”, que non aguantou máis de 5 anos sen que lle comezasen a caer as follas, unhas veces espontáneamente e outras por causa da miña irmá. O curioso é que a pesar de que os textos de Michael Ende se fixeron coñecidos a raíz do éxito de “A historia sen fin”, eu ese “best-seller” non o lin ata moito máis tarde, calculo que ata os 12 ou 13 anos.
Pero isto non é todo, busquei “Jim Botón” na Wikipedia e caín na conta de que estiven perdendo os últimos 25 anos lendo todo tipo de obras, cando… ¡¡hai unha segunda parte!!, “Jim Botón y los trece salvajes”. Xa estou tentando adquirila.
Outros dos meus libros de rapaz foron “Apaches e comanches” ou “La venganza de Winnetou” de Karl May.
Certamente resulta curioso que as miñas primeiras lecturas, de temática tan dispar, viñesen de autores alemáns.
comentarios
3 Comentarios to “Pechando o anel”
Deixa un comentario


Si, xa o sei, gústame probar tódalas cousiñas estas da tecnoloxía.
Pero non podía deixar de escribir un comentario agora que estou navegando no portátil, pero coa conexión do móbil.
Vantaxes desta tarifa que ten Yoigo, que __como máximo__ cóbrache 1,2 euros cada día que te conectes, esteas o tempo que esteas conectado e baixes ou subas a cantidade que sexa. Se non te conectas non pagas, claro, e se te conectas un par de minutos, pagas a parte proporcional deses 1,20 euros.
O malo é que o único terminal que teño ceibe para empregar con Yoigo non é 3G, co cal a taxa en sentido rede-usuario é de 42 kbps (medidos) i en sentido usuario-rede é de 18 kbps (medidos) a través de GPRS. Pero para algunha necesidade funciona de sobra, sobre todo para correo ou mirar sitios maiormente textuais.
Así que non está nada mal, por se ha algunha emerxencia e non tes a banda ancha.
Que lector de ebooks utilizas?
Eu inda non me acostumo a ler libros ou banda deseñada nunha pantalla… gosto demasiado de pasa-las follas de papel, o cheiro, as texturas…
Pois utilizo o mobireader de mobipocket que aínda que ten unha tenda online para que merques os libros, podes meterllos en formato PDB (NON iSilo) e velos. De feito ten unha ferramenta (só para Windoze) coa que podes transformar calquera texto, PDF ou arquivo de Office a ese formato e pasalo ao terminal (co cal virtualmente poderás calquera ebook que teñas en PDF, texto ou office), os cales hainos dispoñibles a moreas.
Probei o ReadManiac (feito en Java) que está moi ben para arquivos de só texto, e o QReader, que tamén vai ben para arquivos de texto e supostamente para PDB’s (pero sempre que non sexan nin de iSilo nin de Mobireader)
Eu polo momento, quedo co Mobireader.
Por suposto falo de programas gratuitos, hai outros comerciais pero terías que mercalos ou “arranxalos” para poder usalos, como no caso do iSilo.
Coincido contigo en que prefiro ler nun libro de celulosa, o cheiro do libro recén aberto, pero é parecido ó asunto da cámara de fotos. Prefiro a cámara dixital, pero o telefono lévoo a todas partes e permíteme sacar unha foto improvisadamente, o cal non ten prezo. Do mesmo xeito o lector de ebooks permíteme sacar o móbil e ler un ratiño en calquera sitio (sá de espera, transporte público, etc.) o cal é moi interesante.
Por suposto, sigo tendo e mercando libros en papel para ler na casa ou noutros lugares habituais de lectura, pero como complemento é excelente. NOTA: intento meter no móbil só as obras máis curtas, as moi longas deixoas para o papel…
P.C. Fun á túa páxina, grazas pola reseña sobre a “Habitación perdida”, ten moi boa pinta, terei que empezar a vela, se non fora por esta visita á túa web, nin me enteraría que a poñen.