Saturday, 05 de July do 2008

E pur si chove.

A SS vai no F.E.M.E. (e 2)

En Ferrol parei menos de 3 horiñas, pero deume tempo a tomar un té cuns amigos, ver o paso dunha procesión de Venres Santo da famosa Semana Santa ferrolá e mesmo mercar un billete de FEVE con destiño á Mariña luguesa.
Paso procesional
Xa ía avisado polos meus amigos da lentitude, o excesivo traqueteo (ninguna ‘cosa normal ni corriente’ ) e incluso a probabilidade máis elevada que na Renfe de incidencias técnicas que provocaran retrasos.
O que non sabía era que este FEVE funciona como un auténtico cercanías para Ferrol con paradas cada pouco máis de 500 metros. A súa calidade de ‘estreito’ notábase nada máis entrar no coche xa que, no canto de ter 2+2 asentos por ringleira, separados por un corredor, só tiña 2+1 asentos en cada ringleira.
Os apeadeiros están moito máis coidados que os de ADIF, agora que a vía e o material móbil, están en iguais ou peores condicións.
Consecuencia deste mal estado era que, a pesar da baixísima velocidade do convoio, as xeiras que nos daba acadaban ás veces unha violencia extrema que me fixeron pensar que estaba a piques da hernia discal en máis dunha ocasión, ó provocar unha torsión súpeta na zona superior das costas mentres a inferior permanecía inmóbil pegada á cadeira.

Na estación de Viveiro (que ten outra das Semanas Santas máis concorridas do país) cruzamos ó “Transcantábrico“, un tren de aspecto limpo e renovado, aínda que de deseño clásico, por non decir antigo, que pretende ser de luxo, polo prezo do billete e polo tempo que tarda en facer o seu percorrido turístico. O coche “País Vasco” era o coche pub; o coche “Asturias” era o coche salón e o coche “Galicia” era, como non podía ser doutro xeito, o coche bar…

En Cervo pasamos xusto ó lado da factoría de Alcoa en San Cibrao, unha das poucas industrias de verdade ubicadas no territorio galego con porto propio.
A chimenea de Alcoa
A partir de Burela a noite impediu obter máis fotos e a vista tivo que centrarse en algunha lectura inconclusa das que levaba na mochila.
O balance final do viaxe é que só a necesidade o xustifica, xa que nin o prezo, nin as vistas, nin a comodidade nin a súa suma son abondas para elexir este medio de transporte. Non só o FEVE ou o camiño de ferro son un desastre senon o transporte de viaxeiros en xeral, incluíndo o que se fai por estrada. O último que me pasou foi no momento de desprazarme a Ferrol, tiven que facelo en tren unha hora máis tarde do previsto e por tanto perder o FEVE das 15:18h simplemente porque a compañía que ten a concesión administrativa para a ruta Coruña - Ferrol, ten uns horarios na súa web que non respecta. Deixadez das súas funcións por parte da administración que xestiona as concesións, incumplimento por parte da empresa e desidia por parte de algúns dos empregados (o encollemento de hombreiros é un procedemento ideal de atención ao cliente para moitos deles).

Por todo isto, o sistema de transporte de viaxeiros en Galicia podería describirse coas siglas Fe.M.E. (Ferrocarrís de MENTE Estreita).

comentarios

3 Comentarios to “A SS vai no F.E.M.E. (e 2)”

  1. Dekarde on 11 Abril 2007

    Sin duda es cierto cuanto dices, estimadísimo Iliá Ílich, sobre la dejadez de la Administración y la desidia de sus empleados titulares (siempre jugando a las cartas en torno al samovar, y poniéndose ciegos de vodka con zakuski, para luego ir a aporrear, pasada ya la medianoche, la puerta del burdel de Grushchenka), pero jamás hubiera podido imaginar que fueras precisamente tú el que de ello se quejara amargamente, como uno más de esos extranjeros occidentales obsesionados con la puntualidad y el trabajo. ¿Y el derecho a la pereza de los consejeros titulares, Iliá Ílich, por ventura son eso palabras vanas para ti?

  2. Iliá Ilich on 21 Abril 2007

    Vas.
    Todo o que empece a miña preguiza me resulta odioso, mesmo a preguiza dos outros. Ou viches acaso, Ivan Mijáilovich, nalgunha das tuas frecuentes visitas á miña casa que eu respectase a natural lacazanería dese vello Zajar? Con gusto o arrastraría polas patillas para polo a traballar.
    Se hai algo que non aturo, é ver eses mujiks vindos a mais obstaculizaren a miña indolencia. Se queren folgar que merquen almas!

    Acusarme a min de Stolzismo…

  3. Gelbros J3 on 5 Xuño 2007

    Bonita foto, pardiez.

Deixa un comentario




*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image