Saturday, 05 de July do 2008

E pur si chove.

Kundun

O entroido, ¿como non falar do entroido? Celebración pagá cun alto interese lúdico e cultural, pero para min se cadra incluso máis importante no eido gastronómico.
Porque ademais de disfrute sensible, o que sinto eu cando vexo, degusto e cheiro marabillas como os grelos, o lacón, a cachola de porco, o butelo, as patacas, a carne cocida, os chourizos, as orellas, as filloas, as chulas é un profundo respecto e devoción que entran no ámbito do relixioso. Respecto e devoción porque o deus Porco (con tódalas súas divinas pezas), os grelos, as patacas, as castañas e outros froitos da terra fixérono todo para aliviar a fame dos meus antergos nesta terra, ainda que moitísimas veces, e algunhas non tan lonxanas, non o conseguiran de todo.
A vida en Galiza nunca foi sinxela, aquí chove, hai invernías duras, a terra non produce por arte de maxia, i por enriba dos meteoros, moitas veces mexan por nós e
Teño pensado a miúdo, que se non fora por todas estas deidades da natureza anteriormente citadas, eu non existiría e a fame tería feito limpeza periódica na nosa terra non só hai trescentos ou catrocentos anos, senón incluso durante o século XX (a posguerra non foi doada para os nosos pais).

Así que, cando vexo a mesa da cociña cuberta polos grelos, as patacas, a cachola, o butelo, o lacón e os garabanzos, agardando a que a miña nai os cociñe para levalos á perfección pola calor, coidome ben de non darlle as costas en ningún momento a ese altar e cando me retiro da estancia, camiño cara atrás coas mans xuntas, baixando a mirada e pronunciando en voz baixa e pausada: “Kundun”

comentarios

3 Comentarios to “Kundun”

  1. AntíTheosis on 22 Febreiro 2007

    Eu tampouco crea nestas deidades naturais, pero si que me rexoñezo máis diposto a asistir a unha liturxia desta relixión que ás das igrexas máis numerosas nestes tempos.
    Outra idea que rexurde en min despois de ler o teu post é a de armar unha secta. Pero unha en condicións, con lavado de cerebro, sexo á escolla do líder e altas esferas e dezmo obrigatorio.

    Escoitando: “What about love” de Til’Tuesday

  2. Dekarde on 23 Febreiro 2007

    Estimado Ilia Ilich: tienes razón en eso del hambre secular; aunque te veo ligeramente optimista: los chorizos, el lacón y similares debían ser aún no hace mucho tan exóticos para el campesino gallego como el caviar beluga; la supervivencia fue quizá más cosa de papas de millo –con agua, y si acaso, un chorrito de leche al final-, brona y tocino, y ninguna de las tres cosas en mucha cantidad: hay un libro de Pegerto Saavedra, “La vida cotidiana en la Galicia del antiguo Régimen”, muy ilustrativo a ese respecto, aunque nadie que tenga mas de sesenta años más o menos necesita leerlo, a no ser como ejercicio de nostalgia estilo “Cuéntame”, pero en fino.
    Pero lo que me preocupa ahora es otra cosa, con todos mis respetos, Iliá Ilich, y es lo siguiente: cuando tu madre te encuentra contemplando extáticamente los grelos, las patacas, la cachola, el lacón y los garabanzos, y luego ve que te retiras lentamente, sin darles la espalda en ningún momento, haciendo reverencias con las manos juntas, respirando en ocho tiempos y repitiendo pausadamente “Kundun”, ¿no da muestras de inquietud? ¿No te mira con ojos preocupados, Iliá Ilich?

  3. Iliá Ilich on 23 Febreiro 2007

    Amigo Dekarde, a celebración da miña fe é individual, solitaria e íntima. Cando presento os meus respectos aos deuses nutricios é un momento de recollimento no que ningunha persoa está á espreita.
    Polo tanto dista moito de ser unha misa rociera, e cada cal ten o seu turno devocional individual a soas coas iconas orgánicas.
    Non che podo dicir se a miña nai usa a mesma fórmula ca min, pero apostaría que non, nunca gostou de Brad Pitt, e tampouco de Richard Gere…

Deixa un comentario




*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image