Wednesday, 20 de August do 2008

E pur si chove.

Visite Cuervolandia

Entre lusco e fusco, sentado diante do samovar, pouso o meu portátil sobre os xeonllos e dedicome a explorar a rede. Páxinas de aquí e de acolá nunha tarde de total vagabundaxe (chuchando un kvass, si… )

Están as páxinas de sempre, visitadas por interese ou por costume. Están tamén os descubrimentos, frecuentemente decepcionantes e, mui raramente, estimulantes.

Hoxe ofrézovos a recomendación dun blog recén descuberto. Singular, diferente, inquedante. Un parque de atraccións perdido no medio do deserto. Un lugar para visitar, do que non se pode sair indemne. Pensádeo ben antes de entrar. Eu ando apalpando aínda o corpo por ver se me falta algún órgao vital depois de visitar “Cuervo, cuervo, cuervo, landia, landia……….landia

comentarios

Un comentario to “Visite Cuervolandia”

  1. xerencia de Cuervolandia on 9 Febreiro 2007

    Estimado Amigo:

    Acabo de descobrir o seu blog e síntome maravillado non só do seu bo gusto senon tamén polas moitas afinidades que sinto co seu modo de pensar e escrever. Así que reciba pola presente o meu saúdo xa amoroso e invítolle a que siga a ler a nosa páxina que co noso esforzo cotián tentamos que sexa cada vez máis desasosegante.

    Reciba unha aperta diñeiro moito mellor .

Deixa un comentario