Wednesday, 20 de August do 2008

E pur si chove.

Kundun

O entroido, ¿como non falar do entroido? Celebración pagá cun alto interese lúdico e cultural, pero para min se cadra incluso máis importante no eido gastronómico.
Porque ademais de disfrute sensible, o que sinto eu cando vexo, degusto e cheiro marabillas como os grelos, o lacón, a cachola de porco, o butelo, as patacas, a carne cocida, os chourizos, as orellas, as filloas, as chulas é un profundo respecto e devoción que entran no ámbito do relixioso. Respecto e devoción porque o deus Porco (con tódalas súas divinas pezas), os grelos, as patacas, as castañas e outros froitos da terra fixérono todo para aliviar a fame dos meus antergos nesta terra, ainda que moitísimas veces, e algunhas non tan lonxanas, non o conseguiran de todo.
A vida en Galiza nunca foi sinxela, aquí chove, hai invernías duras, a terra non produce por arte de maxia, i por enriba dos meteoros, moitas veces mexan por nós e
Teño pensado a miúdo, que se non fora por todas estas deidades da natureza anteriormente citadas, eu non existiría e a fame tería feito limpeza periódica na nosa terra non só hai trescentos ou catrocentos anos, senón incluso durante o século XX (a posguerra non foi doada para os nosos pais).

Así que, cando vexo a mesa da cociña cuberta polos grelos, as patacas, a cachola, o butelo, o lacón e os garabanzos, agardando a que a miña nai os cociñe para levalos á perfección pola calor, coidome ben de non darlle as costas en ningún momento a ese altar e cando me retiro da estancia, camiño cara atrás coas mans xuntas, baixando a mirada e pronunciando en voz baixa e pausada: “Kundun”

Visite Cuervolandia

Entre lusco e fusco, sentado diante do samovar, pouso o meu portátil sobre os xeonllos e dedicome a explorar a rede. Páxinas de aquí e de acolá nunha tarde de total vagabundaxe (chuchando un kvass, si… )

Están as páxinas de sempre, visitadas por interese ou por costume. Están tamén os descubrimentos, frecuentemente decepcionantes e, mui raramente, estimulantes.

Hoxe ofrézovos a recomendación dun blog recén descuberto. Singular, diferente, inquedante. Un parque de atraccións perdido no medio do deserto. Un lugar para visitar, do que non se pode sair indemne. Pensádeo ben antes de entrar. Eu ando apalpando aínda o corpo por ver se me falta algún órgao vital depois de visitar “Cuervo, cuervo, cuervo, landia, landia……….landia