Saturday, 05 de July do 2008

E pur si chove.

J’Accuse!

Disque se non se descubre pronto que un neno é superdotado e non se lle estimula axeitadamente, calquera vantaxe intelectual que este puidera ter na súa vida, esvaécese durante o crecemento ata quedar en nada e mesmo pode supoñerlle unha carga negativa no seu progreso escolar e social.
Eu penso que na miña máis precoz infancia fun un neno superdotado, o cal penso non é tan extraordinario como puidera parecer nunha primeira revisión, de feito creo que varios dos amigos que coñezo desde neno e outros máis recentes estiveron nun caso parecido cando eran pequenos.
E si, non fun estimulado axeitadamente, o cal creo que me levou a unha certa inoperancia a determinados niveis intelectuais e a unha capacidade diminuída para entender este medio social tan complicado no que estamos inmersos. En efecto, no meu caso, penso que a miña capacidade intelectual pasou de estar claramente por enriba da media a estar por debaixo na actualidade. É certo que a miña formación académica é un pouco superior á da maioría, e iso disimula moito…

Porque de verdade penso que o longo tempo que me leva comprender certos aspectos da convivencia comunitaria das persoas (sexa parella, familia, amigos, veciños, cidadáns, etc.) non só depende de todo iso da miña experiencia afectiva nos primeiros anos de vida, senon tamén do meu correcto desenvolvemento intelectual.
Pero ese neno espabilado como a rapiña, que as collía todas á primeira, que lembraba todo en milésimas de segundo; ese neno, sospeito que aínda o teño gardado por algún sitio, de cando en vez, cando vou andando pola rúa, agardo na cola dun banco, estou nun pub pedindo unha copa ou calquera outra situación na que non teño nada a man co que deixar constancia do evento, sae, dun lugar indeterminado do meu cerebro e durante uns segundos como moito dame unha ou un par de ideas boas, creativas, interesantes, auténticas e sinto que me di: “Veña, agora tócache a ti, dalles xeito.”
E penso que, polo momento, nunca estiven á súa altura.

Mais este post é longo, querido neno que un día fun, i é hora de concluir.
Eu acuso!

comentarios

Un comentario to “J’Accuse!”

  1. AntiTheosis on 25 Xaneiro 2007

    Jacuzzi

    Eu tamén era un neno superdotado: nacín cun pene de 13,54 cms.

    Quedei estancado e, claro, agora estou na (raquítica) media española. Un pixacorta do montón.

    Será que, a pesar do meu incansábel entusiasmo, non me autoestimulaba axeitadamente.

Deixa un comentario




*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image