Fenil… Alanina, Cojones ya!
19 Xaneiro 2007Lembro que hai xa uns anos, estaba eu cuns amigos nun lugar no contorno da miña Oblomovka particular. En agosto era en agosto cando xa en Oblomovka non fai calor (e menos pola noite), pero despois dunha boa cea a base de churrasco, pementiños de Padrón e empanada, dunhas boas doses de kvass chairego, vodka (e mesmo ron de importación de alén do Atlántico) e diante das brasas do lume, non hai friaxe que lle quite a un as ganas de falar. O certo é que estabamos de bo humor e realmente inspirados, e así, cando unha amiga sacou o seu paquetiño de chicles sen azucre, rapidamente collinllo e púxenme a recitar para diversión xeral os ingredientes que refería o envoltorio. A maioría dos ingredientes (sorbitol, goma base, etc.) foron discretamente ovacionados entre sorbo o sorbo de máis líquido de inspirar enxeños. Mais o colofón deunos para un bo rato de risas e desenvolvemento humorístico. Iste dicía: “Contiene una fuente de fenilalanina“
O resto da noite eu estiven facendo como Fernando Arrabal, nesta unha das súas actuación estelares nos medios de comunicación:
Como poderedes imaxinar, e como no clásico que no seu día gravou A Roda, si que vos era un andar miudiño, miudiño, miudiño o que levabamos dous dos meus amigos e máis eu.
19 Xaneiro 2007 ás 11:31 pm
¿Por qué seguimos vendo este video tanto tempo despois? Por Arrabal. Comparese con Dragó, pretendendo coutar o úncio arrouto de interese nunha das suas merdas de programa con que nos taladra hai anos.
O talento sentado nunha mesa, no centro, controlando o “tempo” e a conversa. A mediocridade tentando impoñerse, sen éxito, desde un tristísimo segundo plano. Ás veces a tele fai xustiza.
21 Xaneiro 2007 ás 3:18 am
Moi drug Iliá Ílich: kogdá iá izuchíl “Oblomóvka” v perfil moevo bloga kak to mesto v kotórom shibú, eschó nié znal tboi belikolépniy blog. Tieper, kak skazála bielíkaya Rocío Jurado, ushe slíshkom pozdnie. Nie bolnius: mne nushno tolko malenki úgol. Iá ne pobolniu tebiá…
Do svidania
(Izbini moi kartofielnii ruskii iazik! Eto bilo lejkie chem pisat po-galitsiankii)
24 Xaneiro 2007 ás 3:30 pm
Dekarde, chavalote, se realmente non sabes escribir mellor en galego que en ruso, vas de cu. E non me vale que pidas desculpas.
Se cres que é cool destrozar o idioma ruso dese xeito, alá ti. Eu aconsélloche que tomes aínda uns cantos anos de clases de ruso antes de querer impresionarnme.
Ah, e por favor, non empregues o conxunto de caracteres Latin1, a vindeira vez emprega os axeitados, o Cirillic.
P.C. Por certo, mellor Rocío Dúrcal…
29 Xaneiro 2007 ás 9:06 am
Vale, maestro AntiTheosis, pero no se lo tome usted todo tan en serio, hombre de Dios, que va a acabar dándole una úlcera, o un pasmo, o algo…
17 Marzo 2008 ás 8:43 pm
[…] hai tempo, falei por aquí do grande momento de Fernando Arrabal na tele. Agora, seguindo a Grande Serie de transcripcións necesarias, tentarei deixar por escrito […]