Saturday, 05 de July do 2008

E pur si chove.

Aninovo no tobo

Eu, Iliá Ilich, nacín de familia rica, e aínda que pra nada necesito que este blogue reciba miles de visitantes diarios que me enchan as artesas de ouro, si que me relaxa e aleda, ver nas corredoiras da miña O-Blog-movka unha morea de dilixentes mujiks bulindo, traballando, respirando e vivindo. Como vexo un pouco morto o pobo estou matinando en empezar a traer por estes lares o que da resultado nos pobos veciños para atraer mujiks traballadores, artistas e demais que me fagan a vista máis placenteira. Non é unha fórmula moi definida, mais hai cousas que nunca fallan: cus, tetas, confidenciais, casinos online, saudades da infancia, etc.
Din que se escribes cousas interesantes e cun estilo elegante tamén funciona, pero non está demostrado. O outro que puxen si que non ten perda.

Polo tanto non vos sorprendades dun xiro comercial do blogue e de entrar un día e atoparvos un cambio visual impactante. Ameazados estades.

En canto ás reflexións de comenzo de ano, eu sigo nas mesmas, en certos aspectos, os mesmos castelos no aire de sempre. O cartón de conducir, a esgrima con sable, o jiujitsu, os mareos da agulla, dominar o mundo (ups, xa estou pensando por escrito de novo)…
Como dicía un coñecido meu, Mitia Karamazov:
“[…] ¡Bah! Bebe e non penses en nada. Amo a vida, e ameina moito, deica a fartura. Bebamos pola vida, querido… ¿Como podo estar contento? Eu son vil, a miña vileza atorméntame, e, aínda así, estou ledo. Bendigo a creación, estou pronto a bendicir a Deus e ás suas obras, mais… teño que destruir en min un mal insecto que ataca ás vidas alleas.¡Bebamos pola vida, irmán! ¿Hai algo máis fermoso? Bebamos tamén pola raíña das raíñas.”

O funcionario Piotr Ilitch respostoulle o que eu debería ter dito no post “Agulla de marear“: “Ben. Bebamos logo pola vida e pola túa raíña.”

P.D. Por certo, desde que vou a ximnasio (un dos vindeiros posts será arredor da fauna dese biotopo) e a clase de baile, ó ver cousas coma esta, dame ganas de intentalo…

P.P.P. E finalmente, desexo que pasedes un feliz, relaxado, vagaroso 2007. Kvass, vodka e té pra todos!!! Corre da miña conta.

comentarios

Un comentario to “Aninovo no tobo”

  1. Pedrete on 5 Xaneiro 2007

    Xa que falas do amigo Karamazov, o libro no que lin a súa historia perntence a unha edición de “Edicomunicación,S.A.” i é a cutrada máis grande que vin feita cunha imprenta.

    Erratas cada dous por tres. Intuese perfectamente polo estilo das erratas (i’s por l’s e viceversa, m por ‘rr’, etc) que son froito de escanear algunha outra edición ou un orixinal mecanografado e pasar un OCR. Por suposto non está corrixido, e hai algunha outra que da que pensar que o traductor, ademais de non revisar o seu traballo, ía cunha presa endiañada.
    Para escarnio público, o nome do traductor é: Antonio Rodríguez Salvatierra e o nome do “director” da colección é Francesc Ll. Cardona.
    Agardemos que se estudio nalgún momento unha carreira de letras ou fago un master en Humanidades (que é o que demandan as empresas moitísimo) non me tope con estes “sabios”.

Deixa un comentario




*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image