Friday, 05 de December do 2008

E pur si chove.

M.F.P.

Este verao, nun libro de historia, lin o seguinte texto:

“Un hombre que se asimilara completamente en estas verdades que acabo de exponer, pero que no se hallase en estado de reconocer, ya por su experiencia propia, ya por la profundidad de su inteligencia, que el fondo de la vida es un dolor perpetuo, y que, por el contrario, estuviera satisfecho con la existencia y encontrándola a su gusto desease con ánimo sereno que su vida durase eternamente y recomenzara sin cesar; un hombre, en fin, que amase la vida lo bastante para pagar sus goces con los cuidados y tormentos a que está expuesto, descansaría con sólida planta sobre el redondeado y eterno suelo de la tierra, y nada tendría que temer; armado con el conocimiento que hemos apuntado, vería con indiferencia llegar la muerte en alas del tiempo, considerándola como una falsa apariencia, como un fantasma impotente, propio únicamente para asustar a los débiles, pero que no amedrenta al que sabe que él mismo es esa voluntad de la que el mundo es copia y objetivación y que tiene asegurada una vida y un presente eternos, forma esta última real y exclusiva del fenómeno de la voluntad.”

Trátase dun escrito de don Arturo. Describe un home que comparte a premisa schopenhaueriana de que a vontade é a orixe de todo; pero, en troques de tentar anular esa vontade, decide asumila con todas as consecuencias. En resumo, alguén que posúe algo mais valioso que a felicidade: alguén ditoso.

Como apunta quen citaba o texto, é fácil ver a quen prefigura.

Hai veces en que un tenta medirse con esa caste de homens. Momentos de entusiasmo auténtico. Son raros, pero son os mellores. Hoxe non vou falar desas veces, senon das outras. Dos momentos en que un se detén a ollar a propia vida e unha insólita lucidez lle amosa unha imaxen de mediocridade. A espantosa sensación do peor temor feito realidade: o fracaso persoal.

En que consiste o meu fracaso non é asunto deste post. Uns fracasan por unhas razóns, outros por outras. Fracasos particulares hai millóns. Pero o sentimento que os acompaña é universal. E ese é o verdadeiro asunto desta mensaxe. O espanto, o pánico que agora sinto, é o mesmo que vós sentides ou sentiredes. O sentimento único, indivisíbel que nos irmana. O que nos lembra (dolorosamente, como son lembradas as cousas importantes) que somos todos fillos do mesmo Deus. Ou do mesmo protozoo, ou da mesma sopa primixenia, nom importa; ao final: irmaos.

Salvo quen non probou o fracaso. Ese non é meu irmao.

comentarios

3 Comentarios to “M.F.P.”

  1. AntíTheosis on 19 decembro 2006

    Perdoa, dise “caldo” primixenio.
    Parece mentira…
    C A L D O (e si é de onte, mellor có de hoxe, están as patacas máis desfeitiñas)

    Por outra banda, poderiamos crear a asociación “Irmandade de Persoalmente Fracasados”, sempre que non se tomara como un club de fans de Astrud.

  2. Nachamaníaca on 20 decembro 2006

    Me ha parecido un post precioso en serio lleno de sentimiento… yo tanbien he fracasado y fue horrible con el sicologo del insituto y mis padres discutiendo… aunque en realidad he leido que el fracaso escolar es de los que somos superdotados en realidad. Ahora soy mas madura y equilibrada con los estudios de peluqeria y todo va bien. Mucho animo, veras que se puede salir del pozo. Puedes escribirme y podemos hablar si quieres, creo que te comprendo muy bien por lo questas pasando…

    Antitehosis creo que eres cruel, hay que respetar a las personas…

  3. AntíTheosis on 5 xaneiro 2007

    Por certo, os que están a punto do fracaso total son os múltiples órganos internos de Antonio Vega.
    Xa se nota, cando todos están intentando facer duetos con el antes de que morra (Los Limones, Rosario FLores), por algo será…

Deixa un comentario