A Morning in Casablanca
Onte estiven en Cambridge. Ben, alomenos iso poñía na porta onde entrei: “Cambridge University Examination Hall”.
O motivo da miña visita era participar na xeira de decembro dos exames para a obtención do First Certificate. Nota: agora que fun a buscar a ligazón do First, acabo de caer na conta que a lista de libros que poñen no “Writing” como opción para comentar está publicada alí, ben pola miña profesora da academia por non dicirmo e ben por min por non miralo. (Eu por suposto escribín arredor de “1984” de Orwell.)
Nada máis chegar xa notei que ademais do examen, tería que lidiar cos elementos , o frío no recinto e nas aulas era realmente polar. O segundo do que fun consciente foi da diferencia de idade cos outros “candidates”, había un neno duns 10 anos e o resto eran rapaces e rapazas de entre 16 e 20 anos. Con diferencia era eu o máis vello. A verdade, iso non me afectou o máis mínimo.
A organización pareceume boa, tódolos examinadores e a supervisora seguían o guión do manual de Cambridge e todo discorreu segundo as normas. Os enunciados dos exames e as follas onde marcar as respostas eran entregadas ó responsable de cada aula no momento de entregalas ós candidatos e viñan seladas nun plástico “inrachable” co cal había que cortalo cunhas tesoiras competentes. A responsable da aula onde fixen as probas escritas eu era un clon de Jessica Fletcher na inesquecible serie “Murder, She wrote“, e de feito deume a impresión de que falaba igual tamén…
O que non acabou de convencerme foi o de escribir tódalas respostas agás as do “Writing” con lapis, a razón era que as follas eran de lectura óptica automática i é recomendado usar lapis de dureza HB ou 2B para que o trebello o escanee ben. Aínda así, había respostas que non eran ópticas (por exemplo escribir unha frase ou unha palabra que faltaba) e que poden ser borradas ou feitas ilexibles polo roce entre as follas ou cos dedos dos correctores, sobre todo tendo en conta que tardan unhas 9 semanas en corrixilo. Ise é o outro fallo que lle vexo, cando o 70% do exame é de corrección automática e sen moita probabilidade de erro, tardar 9 semanas en corrixilo paréceme excesivo.
Sobre todo tendo en conta que cos 135 euros que cobran en concepto de dereitos de exame a cada candidato, seguramente poden contratar algún corrector extra para axilizar o trámite…
O derradeiro erro, pero non menos importante, foi que nas follas de enquisa onde che preguntaban cousas como que canto tempo levabas preparando o exame, estudiando inglés, en que sector traballabas, etc. no apartado de cal era a túa lingua nai… NON aparecía o galego!!!! O mellor é que aparecían linguas como o Faeroese ou as distintas variantes de gaélico, así como o maya, ou o kechua. Por tanto tiñas que marcar o apartado “Others” i escribir debaixo “Galician”. Lamentable…
O exame estaba ben deseñado, no sentido en que en calquera das probas agás no Speaking, era moi complicado sacalas adiante escollendo ó chou ou cunha comprensión superficial do que se preguntaba. Cando había varias opcións para escoller, incluso comprendendo perfectamente a pregunta ou o texto había alomenos un par delas que podían ser perfectamente, e só cunha relectura moi polo miúdo, entendendo cada palabra e frase idiomática podías escoller a boa. O mesmo ocorría nas preguntas de gramática, a escolla era sempre entre dúas ou tres posibilidades, todas elas correctas, pero que unha era a máis “axeitada” nese contexto. De feito, na proba de corrixir un texto buscando palabras que puideran sobrar, chegábase ó punto de ter que considerar unha palabra erróneamente colocada non porque fose un erro de bulto senon porque era “un aumentativo excesivo para ese adxectivo concreto”.
A verdade é que me gustou ese deseño do examen, coa súa dificultade inherente, creo que mereceu a pena o tempo que adiquei a preparalo porque quedei coa sensación que é un examen que se o aprobas ou sacas boa nota, sen dúbida, demostras que tes un certo nivel.
Aínda que o suspenda, quedaría satisfeito, aprendín moito preparándoo, e sen esa presión de ter o “deadline” da data do exame probablemente non tería posto toda a carne na churrascada.
En resumo, desde as 8 da mañá ata as 17h cun sandwich de por medio nun evento very demanding, both physically (it was cold) and intelectually (the exam itself)
O desenlace… coming in 9 weeks.
comentarios
4 Comentarios to “A Morning in Casablanca”
Deixa un comentario


E não pensaste em pôr como lingua mãe o português?
Actitudes como a tua mantêm a nossa lingua sob a bota imperialista.
Chegará o amanecer vermelho em que todos os desviacionistas castrapeiros afogareis nos vossos “eñes”.
Viva Camões e Pessoa e a pátria comúm da língua portugesa!
Pensei, pero como “oficialmente” é unha lingua que aparece nas listas ISO, pois fastidioume moito que idiomas como o tagalo, o Ga, o baixo sorvo ou algo así (en total unha lista duns 200 e pico) aparecesen e o galego non. Polo menos que se molesten en copiar a lista de linguas ISO.
E como di Carmen de Mairena: “Soy puta y mi coño lo disfruta…”
Mira, Foucellas, ou como queira que te chames. Non tenho por costume andar perdendo o tempo comentando en bloques de pouca monta. Pero xente coma ti, merece que se lles responda contundentemente.
Deixa en paz a este pobre do soño de Illiá. Deixando de banda posts lamentables, como “A delgada capa de xeo”, non é do pior que se le por ai adiante.
Nin Camoes nin Pessoa. As mellores páxinas da literatura galega no están escritas en portugués nin en galego. Valle-Inclán sabia o que facía cando escolleu o idioma que escolleu para escribir a sua obra.
Eu non teño nada en contra do galego. Está ben para blogs como este, pero cando falamos de cousas serias…
¡Vivan Camilo José Cela y Torrente Ballester!
¡ Vivan Camilo José Cela, Torrente Ballester, Wenceslao Fernandez Florez, Julio Camba y tantos otros insignes gallegos olvidados por el mero echo de escribir en español !