Wednesday, 20 de August do 2008

E pur si chove.

M.F.P.

Este verao, nun libro de historia, lin o seguinte texto:

“Un hombre que se asimilara completamente en estas verdades que acabo de exponer, pero que no se hallase en estado de reconocer, ya por su experiencia propia, ya por la profundidad de su inteligencia, que el fondo de la vida es un dolor perpetuo, y que, por el contrario, estuviera satisfecho con la existencia y encontrándola a su gusto desease con ánimo sereno que su vida durase eternamente y recomenzara sin cesar; un hombre, en fin, que amase la vida lo bastante para pagar sus goces con los cuidados y tormentos a que está expuesto, descansaría con sólida planta sobre el redondeado y eterno suelo de la tierra, y nada tendría que temer; armado con el conocimiento que hemos apuntado, vería con indiferencia llegar la muerte en alas del tiempo, considerándola como una falsa apariencia, como un fantasma impotente, propio únicamente para asustar a los débiles, pero que no amedrenta al que sabe que él mismo es esa voluntad de la que el mundo es copia y objetivación y que tiene asegurada una vida y un presente eternos, forma esta última real y exclusiva del fenómeno de la voluntad.”

Trátase dun escrito de don Arturo. Describe un home que comparte a premisa schopenhaueriana de que a vontade é a orixe de todo; pero, en troques de tentar anular esa vontade, decide asumila con todas as consecuencias. En resumo, alguén que posúe algo mais valioso que a felicidade: alguén ditoso.

Como apunta quen citaba o texto, é fácil ver a quen prefigura.

Hai veces en que un tenta medirse con esa caste de homens. Momentos de entusiasmo auténtico. Son raros, pero son os mellores. Hoxe non vou falar desas veces, senon das outras. Dos momentos en que un se detén a ollar a propia vida e unha insólita lucidez lle amosa unha imaxen de mediocridade. A espantosa sensación do peor temor feito realidade: o fracaso persoal.

En que consiste o meu fracaso non é asunto deste post. Uns fracasan por unhas razóns, outros por outras. Fracasos particulares hai millóns. Pero o sentimento que os acompaña é universal. E ese é o verdadeiro asunto desta mensaxe. O espanto, o pánico que agora sinto, é o mesmo que vós sentides ou sentiredes. O sentimento único, indivisíbel que nos irmana. O que nos lembra (dolorosamente, como son lembradas as cousas importantes) que somos todos fillos do mesmo Deus. Ou do mesmo protozoo, ou da mesma sopa primixenia, nom importa; ao final: irmaos.

Salvo quen non probou o fracaso. Ese non é meu irmao.

A Morning in Casablanca

Onte estiven en Cambridge. Ben, alomenos iso poñía na porta onde entrei: “Cambridge University Examination Hall”.

O motivo da miña visita era participar na xeira de decembro dos exames para a obtención do First Certificate. Nota: agora que fun a buscar a ligazón do First, acabo de caer na conta que a lista de libros que poñen no “Writing” como opción para comentar está publicada alí, ben pola miña profesora da academia por non dicirmo e ben por min por non miralo. (Eu por suposto escribín arredor de “1984” de Orwell.)

Nada máis chegar xa notei que ademais do examen, tería que lidiar cos elementos Ler máis