Be caldo my friend
Aínda lembro cando tiña doce anos e lacazaneaba polos corredores da librería do Corte Inglés da Coruña mentres os meus tíos mercaban nas prantas superiores. O andar que máis me fascinaba era o adicado a deportes, máis concretamente no lateral adicado ás artes marciais, o cal estaba razoablemente poboado para estar falando do ano 89. Había libros con títulos imposibles de ler e que falaban de artes descoñecidas ata polos iniciados no pequeno mundo das artes marciais. Títulos tan suxerentes como “Tai Ji, El fundamento Supremo“, “Las ocho piezas del brocado“, “El Tao del JeetKuneDo” desafiaban á miña capacidade de concentración nun só exemplar. Non estou seguro ó 100% pero incluso penso que nese momento xa había un libriño que contiña o extrañísimo nome de “Capoeira“. Eran libros caros, algúns entre 3000 e 4000 pesetas do momento.
Lembro que sempre soñaba con que, por arte de maxia, ese andar completo se trasladara á miña habitación para poder zugarlles un tras outro os seus coñecementos, cal vampiro de libros de “El Planeta Imaginario” (aquí a cabeceira para morriñentos).
Eses libros, moi pouquiño a pouco, foron acabando na miña habitación, e as súas letras percorridas en numerosas ocasións polos meus ollos, os seus conceptos en moitísimas máis polo meu matinar.
Se falamos do “Tao do Jeet Kune Do” podemos dicir que é unha publicación que compila anotacións, consellos, debuxos e diversos escritos de Bruce Lee e que foi feita despois da súa morte. Non é polo tanto, como se agardaría polo seu título un “tratado” ou “manual” para aprender Jeet Kune Do, ou mellor nas palabras de Lee: “The art of fighting without fighting”. Tal cousa, escrita polo seu creador, non existe, evidentemente os seus discípulos si que editaron libros con aspiracións de manual ou curso.
Supoño que Bruce Lee era interesante por una morea de aspectos, pero o que realmente impresiona, só con ver algunha das súas grabacións (incluso nas que non interpretaba máis que a si mesmo), é a súa linguaxe corporal, é absolutamente espectacular como non só cada músculo do seu corpo actuaba “en compló” cos outros cando daba unha patada para imprimirlle a máxima enerxía, se non que cando estaba a explicar algo, cada parte da súa cara e do seu corpo axudaba a proveer de expresividade a disertación. Para mostra a agora famosa derradeira entrevista.
Ademais, na miña opinión foi un dos máis importantes precursores das chamadas “mixed martial arts” , pero iso é outra historia e debería ser contada noutro post…
P.P. Si, o título do post ben podería dar para un novo éxito de Cañita Brava, de feito creo que debería aproveitar o tirón actual de dito anuncio…
P.P.P.: Cando falo de caldo falo do caldo galego tradicional (con ósos a maiores, iso si), non dos novos “experimentos”
comentarios
4 Comentarios to “Be caldo my friend”
Deixa un comentario


E por suposto, Bruce Lee sería un dos personaxes a salvar na nave camiño dun mundo novo…
Be untoful, nabizasful.
If you put caldo into a cup it becomes a “taza de caldo”, if you put pan in a “taza de caldo” it becomes sopas, you put repolo and it becomes “caldo de repolo”.
Caldo can heat and can feed.
Be caldo my friend…
AntiTheosis és o puto amo…
[…] Gracias á semente de blogaliza.org, que desfrutamos dende onte, atopei este post, en O soño da Iliá. Recomendo a súa lectura, aínda que a temática non é das miñas preferidas, é interesante. Pero esta mensaxe está adicada a un tal AntíTheosis que deixou un espectacular comentario, que me permito reproducir aquí unha vez citadas as fontes: […]