Friday, 05 de December do 2008

E pur si chove.

Agulla de marear

Supoño que os abondosos lectores cotiáns deste blogue xa se preguntarían como estando nas datas que estamos non escribo nada arredor do San Froilán, para máis que desde non hai moito é considerada Festa de Interese Turístico Nacional. Festa que de novo este ano, seguirei na lonxanía (a uns 1000 qm.), por referencias dos correspondentes alí desprazados. Pois ben, a ese anónimo visitante de Arabia Saudita e ós que o siguen mediante lectores ou agregadores RSS direilles que por suposto escribirei algo arredor da festa patronal de Lugo.

Máis concretamente usarei un día senlleiro das festas, o “Domingo das Mozas” para iniciar a regueifa.

Ademais de ser o día do traxe tradicional galego, no que houbo un desfile no que se exhibiron traxes de traballo, de garda e de gala tradicionais realmente fermosos e elegantes, polo que vin no video que me enviaron; era popular en tempos por ser un día que baseaba a súa importancia na oficialización e festividade de facerlle ás beiras ás mozas, en cada etapa histórica coas restriccións morais vixentes.
(Nota mental: Algún día quero poder levar un traxe tradicional, algún dos que vin teñen a elegancia da autenticidade exenta de aditamentos)

Ah, facerlle ás beiras a unha rapaza, suprema plasmación do espellismo no que vivimos os homes. Antes, agora e supoño que sempre foi e será así. O capitán é home, o contramestre tamén, e o xefe de máquinas; todos están tan fachendosos da súa parceliña de poder, que non se dan conta que sen a agulla de marear e quen saiba ben dela, van todos ó carallo nun esbirro de colibrí anano.

E as que teñen a agulla de marear de man, son as rapazas. Eu cheguei a esta conclusión despois de atoparme na rúa, nun momento de lucidez, facéndome unha das preguntas “haiku” que poden facer acadar a un home a iluminación: “I eu… ¿que pinto en todo isto?” Hai outras, pero a min iluminoume esa. Despois de darlle millóns de voltas e escarallar centos de margaridas mentais con “si”, “non”, “ten que ser”, “non pode ser”, “é ilóxico”, etc. acabei parafraseando a Astrud : “Es increíble, es… peluznante [...]” antes de chegar á grande pregunta.

A resposta, por máis sinxela que é, non deixa de abrirme os ollos, no caso persoal particular que a xerou, na miña experiencia vital xeral e incluso no común dos homes. Canto tempo sen caer na conta e cantos seres humanos na vida non caerán na conta ou pensarán que o seu caso é diferente, mais os camiños que ten a agulla de marear de facer que sigamos o seu dictado son extremadamente sutís.

Cando saiu, eu non entendín para nada que quería dicir aquela canción do grupo murciano “Farmacia de Guardia” titulada “Ella es demoledora”, pimpín que era eu.


Totalmente demoledora.


P.D. Por certo, a resposta é: “Nada, nada pero correctamente dosificada, para que non o teñas moi claro.”

comentarios

4 Comentarios to “Agulla de marear”

  1. Iliá Ilich on 18 outubro 2006

    “Ella sabe reir, ausente en el porvenir”

    E onde digo “marear” podería ser “mancar” ou “confundir”.
    “Malos tiempos para la lírica” sen dúbida, pero esta frase, así como a voz de Germán Coppini deberían dar para un post.

  2. Pedrete on 20 outubro 2006

    Tampouco hai que sobrestimar a capacidade das mulleres nestes asuntos. Como estudante de mediciña, e por tanto da natureza humana, teño comprobado que esa habelenza mareatoria das féminas adoita ser mais suposta que real. Os movimentos da agulla son moitos, chega con separar os extravagantes e fixarse nos principais. Ao final, son todas iguais. Como dicia Jack Nicholson en “Mellor imposíbel” “para explicar como conseguía poñerse na pel das mulleres: “imaxino un home e quitolle toda a capacidade de raciocinio e a sensatez”.

    Non, se a culpa é dos pais que…

  3. O soño de Iliá » Arquivos » Aninovo no tobo on 5 xaneiro 2007

    [...] O funcionario Piotr Ilitch respostoulle o que eu debería ter dito no post “Agulla de marear“: “Ben. Bebamos logo pola vida e pola túa raíña.” [...]

  4. Miguel Pons on 10 xaneiro 2007

    Soy el autor de Cómo ser un sinvergüenza con las señoras, Arturo Robsy. En Galicia ha tenido bastante éxito otra historia, con la misma forma de escribir, pero dedicada a los ordenadores: ¿Cómo liarse con un ordenador?, que es software libre y se puede copiar o leer en:
    http://robsy12.blogspot.com/
    Está basado en los tiempos heroícos y en aquellos vendedores informáticos que sabían más que los buenos programadores.
    Por cierto: gracias por el link a “Cómo ser un sinvergüenza con las señoras”.
    Arturo Robsy

Deixa un comentario