Gardo sen gardar en min
Hai uns días merquei nunha grande área comercial un disco duro externo (*), por dúas razóns: porque pensei que me resultaría moi útil e polo seu prezo (250 Gb a 99 euros), pero tamen con dúbidas, en canto ó seu peso, o ruido emitido, a calor disipada, a súa velocidade de transferencia, etc.
Despois de estas case 2 semanas só podo dicir que …
[…] Que estou moi contento coa adquisición.
Primeiro, porque me permite levar e empregar tódolos meus datos sen transportar o portátil (que aínda que portátil, faiseme pesado) nin o pendrive USB (o meu é de 256 MB e moito non cabe, a verdade).
Segundo porque as miñas dúbidas aclaráronse de xeito favorable para o aparello, en canto o peso calculo entre 700 e 800 gramos máis o transformador de alimentación, velocidade impresionante, ruido case que imperceptible, resistencia axeitada e estética, na miña opinión, máis que aceptable.
Hei de remarcar en canto o rendemento, que cada día me deixa sorprendido, conéctase a través dun porto USB 2.0 (Ata 480 Mbps) pero ten un rendemento aparentemente superior ó disco duro interno do meu portátil (40 Gb). É posible que sexa porque o disco duro Samsung que leva dentro penso que é bastante bo; onte gravei un DVD directamente desde o disco duro externo, e a gravación ía moito máis solta que facéndoo desde o disco duro do propio portátil (cando gravo desde o disco duro do portátil case non podo empregar outros programas, e neste caso, estiven usando o OpenOffice sen problemas). De feito agora o µTorrent le i escribe directamente desde un directorio no disco duro externo e vai perfecto. Disto dedúcese que os contidos multimedia agora están todos ubicados no disco externo, coa vantaxe de que ó ter grande capacidade, non teño que andar gravando DVD’s cada pouco para baleiralo. Ás veces vexo unha película e despois elimino o arquivo sen ter que queimar un DVD ou un CD.
Falando do ruído xerado, este é moi baixo, menor que o que fai o portátil (que xa é pouco) e apenas se nota o cambio se acendemos o ventilador que ten incorporada a caixa do disco duro externo, de feito, eu teño aceso todo o rato o ventilador.
O peso andará como dixen arredor de 700 ou 800 gramos máis o transformador (que é igual en tamaño e peso o de calquera portátil) e o tamaño é o dun libro de bolsillo. Por peso e tamaño, pode levarse nunha mochila ou nun maletín sen que abulte nin engada moito peso. Eu leveino sempre na mochila, sen ningún tipo de acolchado ou elemento inmovilizador (de feito iba totalmente solto dentro do compartimento principal da mochila) e non houbo ningún problema.
Para poñelo en vertical e que ocupe menos na mesa trae unha pequena peana de plástico lixeiriño.
A calor disipada é pouca, ou alomenos disipa tan ben que caso non se nota, e menos co pequeno ventilador aceso.
En canto a poñelo a funcionar é case trivial, sacalo da caixa, poñelo na peana, enchufaló á alimentación, conectar o cable USB e xa o recoñece o PC como un dispositivo de almacenamento, sexa o S.O. Linux, MacOS, Windows, etc.
Despois só hai que empregar unha ferramenta de particionado, crear as particións do tamaño que gostemos, formatealas co sistema de ficheiros que nos apeteza (eu como falamos de tamaños grandes recomendaría pasar de FAT ou FAT32 e irse como mínimo a NTFS, ReiserFS ou XFS ).
Eu teño dúas particións en NTFS e o rendemento é bon, como teño espazo dispoñible supoño que crearei outras con ReiserFS e XFS a ver como van.
Finalmente quero destacar o útil que me resulta ter as cousas que estou facendo gravadas en directorios do disco duro externo, e abrir e usar os arquivos directamente desde alí, sen copialos a ningún sitio como tería que facer se levase as cousas nun pendrive ou nun CD. Agora chego a outro PC, conecto o disco duro portátil e traballo directamente sobre os meus arquivos. Cando volto ó meu, conecto e sigo traballando, sen copias e sen necesidade de sincronizar ou preguntarme cal é a copia vella e cal a nova.
A única peguiña pequena que lle poño é que os leds que trae (azul, verde, amarelo e vermello) son demasiado luminosos e se o deixo aceso na mesma habitación que durmo, o ruído non me molesta, pero si esas luces semafóricas. De tódolos xeitos, isto é unha cuestión de gustos.
Onte vin un disco duro externo coa mesma capacidade e que por uns 40 euros máis podía conectarse directamente á tele e reproducía todo o que tiveras dentro do disco duro, videos, fotos, música. Pero eu sigo estando moi contento co meu …
E con este post dou por inaugurada a categoría “Inspector Gadget”.
(*)Nota: A caixa que agora pon Zaapa ó seu disco duro externo de 250 Gb é a que sigue , que é a que teño eu en negro, non a do catálogo de Zaapa.
comentarios
Deixa un comentario

