Friday, 05 de December do 2008

E pur si chove.

I am Bición

Dicía un sesudo, combativo e nada comercial grupo mexicano (o nome do cal non lembro…): “¡Cómo quisiera poder vivir sin aire!”

Tamén dicía unhas cantas memeces na mesma peza musical, pero iso é outra historia e deberá ser comentada noutro momento.

O matiz importante da frase é o verbo poder, máis que nada porque eliminando ese verbo a frase sería un paradoxo suicida.
Agora ben, parece que a unha grande parte da sociedade actual dos paises do denominado primeiro mundo e sinaladamente a quen ten capacidade de decidir todo tipo de medidas colectivas e globais, non lles importa usar ese modelo paradoxal e sustituir aire por auga, praias, bosques, ecosistemas vivos, dignidade, etc.

Teño unhas cantas amigas sicólogas, pero non creo que sexan especialistas na orixe, mecanismos, tipos e fins da ambición humana. Supoño que alomenos habería que ser tan sesudo como o citado grupo chichimeca para explicar a incompatibilidade entre o raciocinio e a maior parte das ambicións deste tipo. As que nos fan pensar que os seus portadores queren vivir sen aire, sen auga, sen espazo e sen tranquilidade. Falo tanto de falta de visión e reflexión individual e a curto prazo (que sería a que levaría a moitos a non arruinarse ou non rematar na cadea) como visión global e a longo prazo, da cal hai unha carencia total polo que vemos a diario. E non me refiro únicamente as ansias económicas senon tamén de poder, de popularidade, de perfección, etc.
Un exemplo máis concreto no seguinte post…

comentarios

Deixa un comentario