Friday, 05 de December do 2008

E pur si chove.

Axita as mans coma nubes

Si, xa sei que non é a traducción literal… Hoxe, despois de alomenos dous anos, voltei a practicar Tai Ji. Foi pouquiño tempo e unha “forma” moi curta, uns 12 movementos, pero tiven en conta o que realmente é importante para practicar Tai Ji e ó rematar voltei a sentirme como nos mellores momentos, xa hai anos.

Os elementos importantes cando se desexa practicar Tai Ji con fins non marciais son a respiración correcta e a actitude mental correcta.

A técnica corporal correcta engade un nivel de excelencia á experiencia pero non é imprescindible. O que me resulta grande no Tai Ji (e supoño que noutra outra técnica calquera que inclúa a respiración como pilar fundamental, do estilo do Pranayama,Ba Kua ou do Qi Gong) é que da respiración correcta xorde a actitude mental correcta, i en segundo termo, o ritmo de práctica correcto. É dicir, conseguir a actitude mental de concentración, relaxación e “baleiro”, non require dunha actividade racional e consciente, dun esforzo mental, senón de poñer coidado na respiración. A min pareceume sorprendente, a actitude mental coa que remataba cada día a práctica do Tai Ji, para nada comparable á que tiña antes de facelo. É algo a experimentar por cada un, pero sen dúbida é constatable por todo o mundo. Por suposto tamén se acada unha sensación de benestar físico, unha lubricación e quecemento das articulacións e mesmo podes ter maniotas se fas os exercicios nunhas posicións moi baixas, todo iso é froitodo traballo mecánico, lento e fluido, máis traballo.

Penso que os beneficios musculares, articulatorios e mesmo circulatorios poden tardar en notarse moito tempo, anos quizais, pero os beneficios respiratorios e mentais non tardan máis que días (desde que se consegue controlar a respiración), e aínda que son notorios xusto despois da práctica, exténdense durante todo o día.

E hoxe deume por achegarme de novo ó Tai Ji porque no traballo están a escoller se contratan despois das vacacións a un profesor de Tai Ji ou a un monitor de Pilates para darnos unhas clases nas instalacións da empresa. Por suposto, gañará Pilates. O esnobismo por enriba do benestar físico e mental.

A competencia, a estética, o “cool”, os abdominais duros… todo iso ten tan pouco sentido para min cando remato de levar o tigre á montaña e de cravar a agulla no fondo do mar…

Alá eles.

Editado: Por fin engado unha das fotos que teño practicando.

Eladio axitando

comentarios

Deixa un comentario