Arde Santiago, meu doce amor
E Boqueixón, e Dumbría, e Fisterra, e Dodro, e Vigo e Soutomaior e…
E o que sabemos é que só saben falar os medios de comunicación de “pirómanos”, aínda que todos sabemos que tantos tolos non hai, pirómano é o que ten unha compulsión patolóxica por prantar lume. Iso non inclúe a “compulsión” económica ou dolosa.
Porque tamén é evidente que hai interese detras dos lumes, interese económico, interese urbanístico, interese agrícola, etc.
Agora si, se algún dos que prantades lume ledes isto, sabede que sodes lixo, lixo da peor clase. Delincuentes contra si mesmos (no caso de ser vostede prantador de lume a soldo e á vez residente habitual en Moldavia, Belice ou Zimbabwe pase por alto a frase anterior). Criminais para outros na maior parte dos casos, sen oficio nin beneficio, iletrados e curtos de mente demostrados. Incluso é probable que non poucos lumes sexan fillos da política de subvención pública dos temporeiros dos reténs (se non hai lume, non hai traballo fácil para os reténs no vrao, xa que logo, prantemos lume). Respecto a este caso, sería útil seleccionar e non contratar escoura para eses reténs como primeira medida, a escoura mellor na cadea i en segundo termo en vez de ter temporeiros ter profesionais contratados todo o ano, haxa moitos ou poucos incendios, profesionais formados, capacitados, con medios e cun salario digno. Nada de contratar para o retén os lacazáns da aldea que nin traballan no campo nin fan nada útil o resto do ano, só no vrao van a ver se pescan o subsidio asustando un pouco o lume cuns garabullos.
Un dos meus tíos dicía o outro día que os sospeitosos de prantar lume habería que aplicarlles a lei antiterrorista, e eu concordo con el, provocan alarma social, medo e ansiedade na sociedade en xeral, provocan estragos nos bens públicos e privados, danos persoais cuantificables en feridos e falecidos. Ademais da lei antiterrorista as penas deberían ser inmensamente maiores. Agora ben, como o lume destrúe as probas, o primeiro sería a vixilanca e a protección, por suposto de axentes armados e neste caso extremo, mesmo pechar os accesos ós montes coa axuda do exército. Os prantadores de lume son cobardes pola propia natureza do crime que perpetran, a perspectiva de atoparse cun vixiante armado capacitado para dispararlle se fora preciso reduciría a 0 os desexos de prantar lume da inmensa maioría deses criminais de campo.
E por suposto, lendo isto “Sospeitas razoabeis” dámonos conta de que non hai suficiente protección de certas zonas contra a queima para recalificar e urbanizar. Neste momento penso que hai que reformar a lei e aumentar o período de anos non que non se poderá construir nun terreo (sexa cal sexa a súa calificación rústica actual) a un mínimo de 50 ou 75 anos. Os especuladores queren os cartos aquí e agora, non adoitan pagar para que un monte arda e poidan especular con el os seus netos…
Nestes momentos só habería boas novas no caso de que melloren as condicións atmosféricas, que vaian desfilando os incendiarios cara á cadea e mira, se algún deles falece entre o lume que acaba de provocar, sería un bon colofón final a victoria contra o lume este ano…
comentarios
Un comentario to “Arde Santiago, meu doce amor”
Deixa un comentario


Máis información en: Outro artigo