Sunday, 21 de March do 2010

E pur si chove.

Vacacións en Oblómovka

Estes días estounos pasando na miña Oblómovka particular, remanso de paz, nirvana do lecer. Isto quere dicir que me adico basicamente á vida contemplativa, tratando de non pensar no retorno ao traballo, cada vez máis perto (vinteoito de Agosto, para máis concretar). Ben sei que o contraste entre a calma actual e o estrés inhumano que é habitual na miña oficina me fará achar de menos o demorado pasar dos días neste mes de vacacións.

Agora, en que consiste a vida contemplativa aquí en Oblómovka?
Pois fundamentalmente en facer o contrario que o resto do ano, cando o xugo do traballo nos impide mesmo desviar a ollada do sulco na terra. Podería dicirse que as miñas actividades principais son durmir, ler, pasear, tomar algo cos amigos, escribir neste blog, avanzar nunhas investigacions xeométricas ultrasecretas que levo en mancomún co meu amigo Pau, argallar co PC e, por riba de todas as cousas, cuidar a miña alimentación.

Pirámide
Unha pirámide alimenticia saudábel
Ler máis

Axita as mans coma nubes

Si, xa sei que non é a traducción literal… Hoxe, despois de alomenos dous anos, voltei a practicar Tai Ji. Foi pouquiño tempo e unha “forma” moi curta, uns 12 movementos, pero tiven en conta o que realmente é importante para practicar Tai Ji e ó rematar voltei a sentirme como nos mellores momentos, xa hai anos.

Os elementos importantes cando se desexa practicar Tai Ji con fins non marciais son a respiración correcta e a actitude mental correcta.
Ler máis

Arde Santiago, meu doce amor

E Boqueixón, e Dumbría, e Fisterra, e Dodro, e Vigo e Soutomaior e…

E o que sabemos é que só saben falar os medios de comunicación de “pirómanos”, aínda que todos sabemos que tantos tolos non hai, pirómano é o que ten unha compulsión patolóxica por prantar lume. Iso non inclúe a “compulsión” económica ou dolosa.

Porque tamén é evidente que hai interese detras dos lumes, interese económico, interese urbanístico, interese agrícola, etc.

Ler máis